Conversa:Cayetano Gil Taboada

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Creei o artigo como Xil Taboada porque o fixen a partir da ligazón existente no artigo Lugo no que figura Xil. Porén, nas referencias sempre atopo "Gil". Quizáis sexa máis correcto mover o artigo á forma castelá do apelido.--Paradanta (Cóntame) 14:22, 2 de outubro de 2010 (UTC)

De todos modos, e falo de memoria, houbo dous bispos do mesmo apelido: Cayetano Gil Taboada, bispo de Lugo e logo de Compostela, e Felipe Gil Taboada, o seu tío, bispo de Osma e arcebispo de Sevilla (por cotillear, estaban emparentados os dous con Francisco Gil Taboada, xa de paso). Se cadra era mellor poñerlles o nome de pía, por evitar confusións. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15:14, 2 de outubro de 2010 (UTC)

Outra cousiña: se cadra non é tan descabellado conservar o Xil: eu lembro ter sentido falar da casa grande de Xil en Soñeiro, concello de Oleiros, que hai anos era xa unha ruína e foi casa solar desta familia (unha das súas ramas, polo menos, que en orixe eles eran do Deza). Pero claro, isto non é unha fonte primaria e referenciar ese dato non vai ser doado. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15:18, 2 de outubro de 2010 (UTC)
Creei unha redirección co nome de pía, Cayetano neste caso. Saúdos!--Paradanta (Cóntame) 16:27, 2 de outubro de 2010 (UTC)