Cayetano Gil Taboada
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 7 de agosto de 1688 Barcia, España |
| Morte | 10 de maio de 1751 Santiago de Compostela, España |
| 23 de agosto de 1745 – ← Manuel Isidro Orozco Manrique de Lara (en) | |
| Bispo de Lugo | |
| 26 de setembro de 1735 – ← Manuel José de Santa María y Salazar (en) Diocese: diocese de Lugo | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica |
| Actividade | |
| Ocupación | sacerdote católico |
| Consagración | José del Yermo Santibáñez (en) |
Cayetano Gil Taboada, nado en Barcia (Lalín) o 7 de agosto do 1688 e finado en Santiago de Compostela o 10 de maio do 1751, foi bispo da diocese de Lugo entre 1736 e 1745 e arcebispo da arquidiocese de Santiago de Compostela dende 1745 ata o seu pasamento.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Afillado de Felipe Antonio Gil Taboada, que o apoiou na súa carreira relixiosa. Estudou Filosofía en San Xerome e Xurisprudencia en Fonseca e Valladolid. Foi reitor do Colexio Maior de Fonseca en 1713, catro anos despois de doutorarse.
En 1718 foi nomeado provisor e gobernador eclesiástico e en 1725 cóengo e inquisidor de Sevilla. Trasladado a Compostela, foi inquisidor e administrador do Real Hospital. En 1736 foi nomeado bispo de Lugo, onde rematou o edificio do bispado, que exhibe os seus escudos na fachada. En 1745 foi arcebispo de Santiago, durante o seu mandato construíuse a fachada do Obradoiro, na que está o seu escudo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Cayetano Gil Taboada, ilustre lalinense obispo de Lugo y arzobispo de Santiago (en castelán)
- Perfil do bispo en xenealoxía.org Arquivado 20 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.