Conversa:Carolina Casanova

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ligazón externa[editar a fonte]

Piquito, eu quitaría a ligazón externa, non achega ningunha información a maiores do artigo, a maiores remite ó artigo de Mercedes Puyol que xa está ligado na bibliografía... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de outubro de 2018 ás 07:01 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Piquito (conversa) 27 de outubro de 2018 ás 23:22 (UTC)[responder]

referencias de prensa galega por se se quixesen agregar[editar a fonte]

Ola Usuario:Piquito moi interesante esta figura, noraboa. Como quedei intrigada, busquei algo na prensa galega do momento e achei algunhas referencias na prensa da época con detalles que non aparecen na entrada. Igual xa valoraches estas informacións, ou son contradictorias (pasa moito), pero por se acaso, xa que din con elas deixochas acó:

Un saúdo Maria zaos (conversa) 9 de febreiro de 2019 ás 18:33 (UTC)[responder]

Grazas Maria zaos! Engadirei a información que haxa nas tres ligazóns. Non coñecía as fontes, mirei principalmente as mencionadas por Mercedes Puyol, que foi quen fixo o único traballo biográfico. É unha mágoa que as personalidades da música deste país se esquezan e sexa tan complicado atopar información sobre elas, especialmente das mulleres (grandes nomes como Ángeles Gulín, María Luisa Nache ou Ofelia Nieto, tres sopranos, que xunto con Carolina Casanova e moitas outras cantantes, compositoras, instrumentistas, permanecen no esquecemento -nin unha rúa ten Carolina Casanova en Ferrol-). Alédome que o artigo che parecera interesante. Un saúdo e graças! Piquito (conversa) 9 de febreiro de 2019 ás 21:55 (UTC)[responder]
Maria zaos, engadín algo de información de tres das referencias que sinalas. Non había moito máis que poder, e datos deses artigos parecen non ser correctos. A primeira referencia que sinalas é dunha nova de 20 anos despois de morrer Carolina Casanova e sinala un segundo apelido que non coincide co que figura na esquela que reproduce Mercedes Puyol no seu traballo (deixei esa referencia como nota, a nota "a") e o lugar da morte tampouco creo que sexa un dato correcto, xa que a prensa española da época sinala que o día seguinte instalouse unha capela ardente no Conservatorio, algo certamente difícil na época, trasladar o corpo de París a Madrid en tan pouco tempo (deixeino como nota, a nota "k"), ademais todo apunta a que a súa carreira concertística xa ía tempo que finalizara (véxanse por exemplo a súa correspondencia, na que fai referencia á súa delicada saúde), por outra banda, nese mesmo artigo (o de 1930) falan dela como contralto, cando todo o seu repertorio era de soprano (de feito fan referencia á ópera Lucrezia Borgia, na que a protagonista -encarnada por Carolina Casanova- é unha soprano), isto aparece como nota (nota "j"). Do artigo no que fala de Macucci tomei algo tamén, igual que na referencia sobre a casa en 1881, das outras dúas non incluín nada porque eran moi breves e sen información realmente relevante na miña opinión. Grazas de novo por achegar esas fontes, un saúdo! Piquito (conversa) 15 de febreiro de 2019 ás 00:00 (UTC)[responder]
A primeira xa cheiraba moi rara, pero alegrome de que poideses aproveitar algo das outras. Andiven a mirar a ver se atopaba algo de prensa internacional da época, pero polo momento non fun quen de dar con nada. Graciñas a ti :)Maria zaos (conversa) 15 de febreiro de 2019 ás 07:54 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (febreiro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Carolina Casanova. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 13 de febreiro de 2019 ás 05:41 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (febreiro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Carolina Casanova. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 21 de febreiro de 2019 ás 04:24 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Carolina Casanova. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 15 de agosto de 2019 ás 04:02 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (xaneiro 2020)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 5 ligazóns externas en Carolina Casanova. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 27 de xaneiro de 2020 ás 12:08 (UTC)[responder]