Conversa:COVID-19

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ligazóns externas modificadas (marzo 2020)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Enfermidade do coronavirus 2019. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 11 de marzo de 2020 ás 13:03 (UTC)[responder]

Revisar a tradución[editar a fonte]

Perdoa que corrixira algunhas cousas no primeiro parágrafo, pero é que non me decatei inicialmente que tiña o aviso de artigo en tradución. Creo que hai varias cousas ás que haberá que botarlle unha ollada antes de rematar o artigo, pero xa sei que mentres non estea acabado o que está é un esbozo (eu tamén fago iso; primeiro fago unha tradución rápida e despois corrixo os termos, ortografía, sintaxe, erros de tecleado). Chamáronme a atención termos que non se atopan no DRAG nin no DiGalego como rebecho, afozar, e outros, ou aos que se lle dá outro significado como buceira (ver no Digalego a acepción 3 de máscara Definición de máscara no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.). Tamén habería que valorar se nun artigo como este, que ten que ser técnico e preciso (xa que está de actualidade e moita xente o pode consultar) se utilicen termos da lingua corrente en vez de termos técnicos, por poñer un exemplo andazo (ver definición no DRAG) é un termo impreciso; en medicina diríase epidemia ou pandemia, que son termos diferentes definidos con precisión (neste caso correspondería pandemia), e ademais existe o artigo pandemia por coronavirus de 2019-2020. Certo que no cabezallo non hai que meter moita xerga, pero tampouco eran palabras tan raras. Hai termos acuñados como taxa de mortalidade, en vez de "ratio" de mortalidade. Tamén habería que unificar a ortografía de Covid, CoviD, covid e COVID (a OMS bautizouna COVID-19). O nome de "segundo" coronavirus da síndrome respiratoria aguda severa non pode ser, porque é o número 2, non é 2º (a páxina xa está feita co título SARS-CoV-2). Hai que comprobar a preposición a usar no título enfermidade do (por) coronavirus 19. Non tiven tempo de ler máis que os primeiros parágrafos e o artigo non está acabado, pero ao acabalo supoño que xa todo isto estará comprobado.--Miguelferig (conversa) 26 de marzo de 2020 ás 00:21 (UTC)[responder]

@Miguelferig: Leva 16 días sen edicións, agás as túas correccións. Engadínlle a infobox e fíxenlle algún arranxo de formato, e quiteille o marcador de en uso. O máis axeitado probablemente sería que seguises ti a tradución, que creo que xa cambiou en orixe bastante dende que se trouxo. Banjo tell me 28 de marzo de 2020 ás 12:32 (UTC)[responder]
Se non lle parece mal a Xabier, vou facer a tradución da versión actual da páxina inglesa, que cambiou substancialmente desde a de hai algunhas semanas. Unha task force da wikipedia inglesa estivo revisando e modificando o artigo para que se axustase ás esixencias informativas de calidade deste momento en que a pandemia está arrasando. Na wikipedia inglesa téñena como artigo bloqueado para que non a edite calquera.--Miguelferig (conversa) 28 de marzo de 2020 ás 12:46 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (marzo 2020)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en COVID-19. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 30 de marzo de 2020 ás 05:38 (UTC)[responder]

artikol'o pri vari'ant'o'j de la COVID-19[editar a fonte]

(Pardon'o je skrib'i tiu'n ĉi en Esperanto, mi ne kon'as la galic'a'n. Se iu pov'as traduk'i ĝi'n por la ne'Esperanto'kon'ant'o'j, tio est'us tre ŝat'at'a.)

Ĉu vi sci'as se oni dev'as far'i artikol'o'n pri vari'ant'o'j de la COVID-19, bon'vol'u ? Mi ŝat'us ke est'u tia artikol'o por ĉiu'j en la mond'o...2A01:CB0C:38C:9F00:A8E0:2C18:D408:779C 13 de febreiro de 2021 ás 01:13 (UTC)[responder]

Síntoo, pero non entendo nada.--Miguelferig (conversa) 13 de febreiro de 2021 ás 10:54 (UTC)[responder]

covid-19, mellor que COVID-19[editar a fonte]

A RAG utiliza para a enfermidade a forma covid-19, con minúsculas e guión, se ben engade que "Cando o consideramos acrónimo debe escribirse con maiúsculas, COVID-19, ou con maiúscula inicial, Covid-19". Entendo que o artigo describe a enfermidade, e non trata o título como acrónimo, polo que sería lóxico renomear a covid-19 e deixar as maiúsculas para unha redirección. Saúdos, Pedro Lameiro (conversa) 3 de setembro de 2023 ás 17:49 (UTC)[responder]

Se o escribimos con acrónimo, seguimos referíndonos á enfermidade. O Portal das palabras di: "No que respecta á ortografía dos acrónimos, temos diferentes formas de escribilo: todo en maiúsculas COVID; con inicial maiúscula e o resto minúscula Covid ou, se o consideramos un nome común xa lexicalizado, escribiríase todo en minúscula covid." Por tanto, as tres formas son tres maneiras de escribir o nome da enfermidade. Loxicamente, no dicionario da RAG non se van incluír acrónimos e inclúen a forma lexicalizada (palabra que no dicionario queda un pouco rara, por certo, xa que ten un número escrito con cifras e debe ser a única así en todo o dicionario). O propio dicionario da RAG aclara que se nos referimos ao nome da enfermidade considerándoo acrónimo, é COVID-19 ou Covid-19. Dá as tres posibilidades e todas son correctas. Na lista oficial de enfermidades internacional na versión do Ministerio de Sanidade CIE-10-es, o nome que atopei foi COVID-19 (ver), e ese foi o nome co que a bautizou a OMS. A Consellaría de Sanidade tamén lle chamou no seu momento COVID-19 e tamén "enfermidade polo novo coronavirus (COVID-19)". O artigo ten un capítulo sobre a denominación (ver), onde se explican as posibles formas. Ademais agora tamén engadín as outras denominacións no parágrafo inicial da cabeceira. Creo que iso debería ser dabondo e non vexo a necesidade de cambiar o nome da páxina.--Miguelferig (conversa) 3 de setembro de 2023 ás 22:04 (UTC)[responder]