Conversa:Aviva Premiership

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Esta liga de rugby ten cambiado de nome en varias ocasións, por mor dos patrocinadores, o mesmo que a Pro12 ou o Top 14. Eu propoño unha cousa. Renomear a Aviva Premiership a Liga inglesa de rugby, renomear o Top 14 a Liga francesa de rugby, renomear a Pro12 a Liga celta de rugby, e renomear tamén tódalas tempadas, deixando as redireccións. É unha decisión que se ten tomado en varias das outras wikipedias. Dese xeito non hai que estar manexando as diversas denominacións que tiveron tódalas competicións, que impiden que calquera profano entenda correctamente o que é cada cousa. No caso da Heineken Cup, que é a máxima competición continental a nivel de clubs, na nosa wikipedia o artigo chámase Copa de Europa de rugby, nome que fai que calquera entenda de qué se fala. Esa é a idea. Opinade. -- JonnyJonny (conversa) 13:05, 8 de maio de 2012 (UTC)

Sería o mesmo que se fai con Liga BBVA, ¿non?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:38, 8 de maio de 2012 (UTC)
Sí, mais ou menos o mesmo. -- JonnyJonny (conversa) 22:40, 8 de maio de 2012 (UTC)
Eu no caso da liga inglesa e da francesa o vexo claro, mais o da liga celta non o acabo de ver, explícome: durante as primeiras tempadas este nome podía valer, xa que facía referencia ás raíces dos tres países que a conformaban (Irlanda, Gales e Escocia) mais na actualidade considero que non ten moito sentido dende a incorporación dos equipos italianos, polo que coido que nese caso en concreo está mellor a denominación Pro12 (Italia non se considera país céltico). O tema das ligas de varios países é complicado en rugby porque cambian de nome con bastante frecuencia (véxase tamén o caso do Super Rugby, con tres denominacións distintas dende o '96). No caso das tempadas do Pro12 eu faría do seguinte xeito: ata a incorporación dos italianos facer "Liga Celta de Rugby (ou Rugby Celtic League, ou o que sexa) + anos" e a partir da entrada dos italianos poría "Pro12 + anos". Tamén cambiaría a denominación do modelo de Celtic League a Pro12, xa que a denominación non obedece a ningún patrocinio e é a denominación actual, non sei se me vou explicando. Eu o vexo así, un saúdo Piquito (conversa) 10:45, 9 de maio de 2012 (UTC)

Symbol support vote.svg Concordo --Elisardojm (conversa) 07:35, 9 de maio de 2012 (UTC)

Tes razón Piquito, absolutamente toda a razón. Dende que na liga celta foron incluidos 2 equipos italianos a maiores dos escoceses, irlandeses e galeses, ese caso é máis complicado que os casos das ligas inglesa e francesa. Non obstante, a competición segue a ser moito máis coñecida popularmente como liga celta que como Pro12. O certo é que para a xente profana ten que ser un lío que a mesma competición teña 3 nomes distintos en 8 ou 9 anos, por iso decidín facer a proposta de xeneralizar os títulos dos 3 artigos dalgún xeito común, e a mellor solución que atopei foi a que propuxen (que non é perfecta por ese tema dos 2 equipos italianos, pero que se emprega en moitas wikipedias).
Se cadra poderíase facer o movemento nos casos das ligas inglesa e francesa, e no caso da Pro12, facer tan só unha redirección, deixando que o artigo principal manteña o nome de Pro12. ¿Cómo se vería iso?. -- JonnyJonny (conversa) 11:39, 9 de maio de 2012 (UTC)
Jonny, a min non me parece mal ningunha das dúas opcións para denominar ao Pro12, únicamente facía unha observación. Eu vexo ben as dúas, aínda que mellor a redirección de Liga Celta para Pro12 (para o meu gusto). No caso de que o artigo se denomine Pro12 si que cambiaría o nome na caixa de información para Pro12. Concordo con todo o que sexa xeneralizar para facilitar está ben, coido que o mellor, se tome a denominación que se tome, é que os nomes comerciais das competicións tamén pasen a ser redireccións, xa que tamén moita xente coñece por exemplo á liga inglesa como Guinness Premiership aínda que xa non ten ese patrocinio. Piquito (conversa) 14:01, 9 de maio de 2012 (UTC)