Conversa:Ana, nai de María

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

O nome actual do artigo ("Ana, nai de María") non segue o formato da Galipedia, polo que cumpriría movelo; posibilidades:

Eu suxiro a terceira opción. --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:41, 16 de novembro de 2011 (UTC)

  • Tamén opto pola terceira opción. --Atobar (conversa comigo) 17:05, 16 de novembro de 2011 (UTC)
  • ¡Que teima de complicar buscas e crear lig. cara homónimos! A primeira ou, como moito, a segunda son as máis lóxicas pensando no usuarios da Galipedia. Nós, na páxina de homónimos Ana, damos Santa Ana. Pedro --Lameiro (conversa) 18:06, 16 de novembro de 2011 (UTC)

Comentario; Grazas pola apreciación, Pedro. A dicir verdade, é moi importante o criterio de pensar nas procuras das persoas que acceden á galipedia, pero penso que é máis importante seguir unha mesma liña-formato.
-No caso de santas e santas, adoitamos poñer o nome e a procedencia cando se sabe (Pedro de Mezonzo, Aldara de Celanova...), pero nunca usar comas (excepción feita dos Papas). O caso de Ana é o único actual que non segue este criterio; existe xa un formato con paréntese (Febe (Biblia), aínda que tampouco celebro este título).
-Na miña opinión, Santa Ana debería ser unha páxina de homónimos (como en castelán es:Santa Ana), e seguindo o noso propio exemplo de San Pedro. Así, a xente podería ver que houbo dúas persoas con ese nome, e que existen diversos lugares con ese topónimo.
Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 19:31, 16 de novembro de 2011 (UTC)

  • Concordo parcialmente. Se seguimos o criterio de título=forma máis común, "Santa Ana" debería ser o artigo biografico da santa nai de María e á parte debería existir o artigo "Santa Ana (homónimos)", pero o certo é que esta soluición non me gusta. Entón, concordo en que Santa Ana sexa a páxina de homónimos e queda por decidir cal serìa o título do artigo biográfico, é dicir, quedamos coas opcións 2 e 3. Podo entender que rexeites o uso de comas neste tipo de artigos (aínda que non sei por que vai ser válido para topónimos e non para o resto, pero é un criterio que mantén coherencia interna). Quédanos o paréntese: "nai de María" ou "protoevanxeo". Se me fas escoller, quédome con "Ana (nai de María)". Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:27, 16 de novembro de 2011 (UTC)
    • Propuxen a terceira solución por varios motivos, pero non sei se son criterios serios:
      a) acéptase que a Virxe María foi un personaxe histórico, pero da existencia de Ana só se sabe polo protoevanxeo;
      b) penso que queda mellor unha palabra que tres;
      Por outra banda, pensei en que podería ser "Ana de Belén" (así o di es:Ana (madre de María)) ou "Ana de Nazareth" (en es:Virgen María), pero non me queda claro de onde era.
      Máis alá do resultado do título, gústame este debate construtivo; prefiro non entender as diferentes opinións como teimas persoais, senón como distintas percepcións. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 21:41, 16 de novembro de 2011 (UTC)
      • Tranquilo, Estevo, que o de "teima" e sen acritú. Para min que a existencia histórica da Virxe e da súa nai son temas a debater no artigo, pero son entradas obrigadas. Existir, existirían, pero outra cousa é a biografía novelada que coñecemos. Bueno, deixemos opinar á xente a ver se achegan saídas pero mentres tanto unha cosita. Nunha páxina de homónimos tipo San Pedro non caben ligazóns a artigos de xente que nos chamemos Pedro e non chegamos a santos (aínda). Claro que para iso temos o artigo Pedro (aínda que entón sobrarían aquí os dous san Pedros que temos). Seguir ese sistema duplo non sei se é eficaz ou non. Tes que pensar nunha solución. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:50, 16 de novembro de 2011 (UTC)