Convenio do Consello de Europa sobre a prevención e a loita contra a violencia contra as mulleres e a violencia doméstica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Convenio do Consello de Europa sobre a prevención e a loita contra a violencia contra as mulleres e a violencia doméstica
AcrónimoIstanbul-Konvention, Istanbul Convention e Convention d’Istanbul
Tipotratado do Consello de Europa e Instrumentos internacionais de dereitos humanos
Nomeado en referencia aIstambul
Na rede
https://www.coe.int/en/web/conventions/full-list?module=treaty-detail&treatynum=210
editar datos en Wikidata ]

O Convenio do Consello de Europa sobre a prevención e a loita contra a violencia contra as mulleres e a violencia doméstica, tamén coñecido como Convenio de Istambul ou Convención de Istambul, é unha convención do Consello de Europa que ten por obxectivo a loita contra a violencia contra mulleres e a violencia doméstica.[1] Presentouse en Istambul en 2011 e está en vigor en Europa dende o 1 de agosto de 2014.[2] En 2022, foi asinado por 45 países e ratificado por 37 países.[2] En 2021, o presidente Recep Tayyip Erdoğan anunciou a retirada de Turquía.

É o primeiro instrumento de carácter vinculante no eido europeo en materia de violencia contra as mulleres e violencia doméstica, e está considerado o tratado internacional máis completo e de maior alcance sobre a loita contra a violencia contra as mulleres e a violencia doméstica.[3] Recoñece a violencia contra as mulleres como unha violación dos dereitos humanos e aborda a violencia contra as mulleres a través de medidas dirixidas á prevención da violencia, a protección ás vítimas e o axuizamento dos autores.[4]

O Convenio contempla como delito todas as formas de violencia contra as mulleres: a violencia física, psicolóxica e sexual, incluída a violación; a mutilación xenital feminina, o matrimonio forzado, o acoso, o aborto forzado e a esterilización forzada. Isto implica que os estados deberán introducir nos seus sistemas xurídicos estes delitos.[5]

Adopción, sinatura e ratificación[editar | editar a fonte]

     Asinado e ratificado      Só asinado      Non asinado      Revocou a ratificación      Estados non membros do Consello de Europa

A convención foi adoptada polo Comité de Ministros do Consello de Europa o 7 de abril de 2011. Abriuse para a súa sinatura o 11 de maio de 2011, con ocasión da 121.ª Sesión do Comité de Ministros en Istambul. Entrou en vigor con 10 ratificacións, oito das cales foron requiridas para ser estados membro do Consello de Europa.

Países que ratificaron o Convenio[editar | editar a fonte]

O 12 de marzo de 2012, Turquía converteuse no primeiro país en ratificar a Convención, aínda que no 20 de marzo de 2021, co islamita conservador Tayyip Erdoğan como presidente de Turquía, abandonou a Convención de Istambul.[6][7]

Entre 2013 e 2015 foi rataficado por outros dezaoito países que asinaron: (Albania, Andorra, Austria, Bosnia e Hercegovina, Dinamarca, Eslovenia, España, Finlandia, Francia, Italia, Malta, Mónaco, Montenegro, os Países Baixos, Polonia, Portugal, Serbia e Suecia).[2] O 11 de maio de 2017, o Consello decidiu a adhesión da Unión Europea[2] considerando que esta adhesión garante a complementariedade entre o plano nacional e o plano da UE, e consolida a capacidade desta última para desempeñar un papel máis eficaz en foros internacionais como o Grupo de Expertos do Consello de Europa na loita contra a violencia contra as mulleres e a violencia doméstica (GREVIO).[3]

En xullo de 2017, a convención estaba asinada por 46 estados, seguidos da ratificación do mínimo de oito vinte e catro membros do Consello de Europa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Los mitos infundados de la Convención de Estambul". La Vanguardia. 27 de xullo de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Full list". Treaty Office (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2019. 
  3. 3,0 3,1 "La UE se suma al convenio internacional para luchar contra la violencia contra las mujeres - Consilium". www.consilium.europa.eu (en castelán). Consultado o 25 de maio de 2018. 
  4. "Signatures and ratifications". Council of Europe. 1 de xullo de 2013. Consultado o 1 de xullo de 2013. 
  5. "O convenio de Istambul sobre violencia contra a muller entrará en vigor o 1 de agosto. Mulleres de Galicia". igualdade.xunta.gal. Consultado o 25 de maio de 2018. 
  6. Turquía abandona la Convención de Estambul contra la violencia machista porque va en contra de "la estructura familiar", eldiario.es, 20 de marzo de 2021
  7. Erdogan saca a Turquía del tratado europeo contra la violencia machista, Público, España, 20 de marzo de 2021