Saltar ao contido

Convenio do Consello de Europa sobre a prevención e a loita contra a violencia contra as mulleres e a violencia doméstica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Convenio do Consello de Europa sobre a prevención e a loita contra a violencia contra as mulleres e a violencia doméstica
 Título
Council of Europe Convention on preventing and combating violence against women and domestic violence (en)
Convention du Conseil de l’Europe sur la prévention et la lutte contre la violence à l’égard des femmes et la violence domestique (fr)
Übereinkommen des Europarats zur Verhütung und Bekämpfung von Gewalt gegen Frauen und häuslicher Gewalt (de) Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
Istanbul-Konvention (de)  
Istanbul Convention (en)  
Convention d’Istanbul (fr)   Editar o valor en Wikidata
Logotipo
 Instancia de
 Epónimo
Características
 Tema principal
 Lingua
Implicados
 Ratificado por
Unión Europea (28 de xuño de 2023)
Irlanda (8 de marzo de 2019)
Luxemburgo (7 de agosto de 2018)
Grecia (18 de xuño de 2018)
Croacia (12 de xuño de 2018)
Islandia (26 de abril de 2018)
Macedonia do Norte (23 de marzo de 2018)
Suíza (14 de decembro de 2017)
Chipre (10 de novembro de 2017)
Estonia (26 de outubro de 2017)
Alemaña (12 de outubro de 2017)
Noruega (5 de xullo de 2017)
Xeorxia (19 de maio de 2017)
Romanía (23 de maio de 2016)
Bélxica (14 de marzo de 2016)
San Marino (28 de xaneiro de 2016)
Polonia (27 de abril de 2015)
Finlandia (17 de abril de 2015)
Eslovenia (5 de febreiro de 2015)
Mónaco (7 de outubro de 2014)
Malta (29 de xullo de 2014)
Francia (4 de xullo de 2014)
Suecia (1 de xullo de 2014)
Reino de Dinamarca (23 de abril de 2014)
Andorra (22 de abril de 2014)
España (10 de abril de 2014)
Serbia (21 de novembro de 2013)
Austria (14 de novembro de 2013)
Bosnia e Hercegovina (7 de novembro de 2013)
Italia (10 de setembro de 2013)
Montenegro (22 de abril de 2013)
Portugal (5 de febreiro de 2013)
Albania (4 de febreiro de 2013)
Turquía (14 de marzo de 2012) Editar o valor en Wikidata
 Asinantes
Armenia (18 de xaneiro de 2018)
Unión Europea (13 de xuño de 2017)
Moldova (6 de febreiro de 2017)
Liechtenstein (10 de novembro de 2016)
Letonia (18 de maio de 2016)
República Checa (2 de maio de 2016)
Bulgaria (21 de abril de 2016)
Hungría (14 de marzo de 2014)
Lituania (7 de xuño de 2013)
Reino Unido (8 de xuño de 2012)
Ucraína (7 de novembro de 2011)
Eslovaquia (11 de maio de 2011)
Turquía (11 de maio de 2011) Editar o valor en Wikidata
 Depositario
Datas
 Data
11 de maio de 2011 Editar o valor en Wikidata
 Data de comezo
1 de agosto de 2014 Editar o valor en Wikidata
 Entrada en vigor
1 de agosto de 2014 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización
 País
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
Códigos e identificadores
Freebase/m/0gtwwgp Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Obra dispoñible en
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

O Convenio do Consello de Europa sobre a prevención e a loita contra a violencia contra as mulleres e a violencia doméstica, tamén coñecido como Convenio de Istanbul ou Convención de Istanbul, é unha convención do Consello de Europa que ten por obxectivo a loita contra a violencia contra mulleres e a violencia doméstica.[1] Presentouse en Istanbul en 2011 e está en vigor en Europa dende o 1 de agosto de 2014.[2] En 2022, foi asinado por 45 países e ratificado por 37 países.[2] En 2021, o presidente Recep Tayyip Erdoğan anunciou a retirada de Turquía.

É o primeiro instrumento de carácter vinculante no eido europeo en materia de violencia contra as mulleres e violencia doméstica, e está considerado o tratado internacional máis completo e de maior alcance sobre a loita contra a violencia contra as mulleres e a violencia doméstica.[3] Recoñece a violencia contra as mulleres como unha violación dos dereitos humanos e aborda a violencia contra as mulleres a través de medidas dirixidas á prevención da violencia, a protección ás vítimas e o axuizamento dos autores.[4]

O Convenio contempla como delito todas as formas de violencia contra as mulleres: a violencia física, psicolóxica e sexual, incluída a violación; a mutilación xenital feminina, o matrimonio forzado, o acoso, o aborto forzado e a esterilización forzada. Isto implica que os estados deberán introducir nos seus sistemas xurídicos estes delitos.[5]

Adopción, sinatura e ratificación

[editar | editar a fonte]
|
     Asinado e ratificado      Só asinado      Non asinado      Revocou a ratificación      Estados non membros do Consello de Europa

A convención foi adoptada polo Comité de Ministros do Consello de Europa o 7 de abril de 2011. Abriuse para a súa sinatura o 11 de maio de 2011, con ocasión da 121.ª Sesión do Comité de Ministros en Istanbul. Entrou en vigor con 10 ratificacións, oito das cales foron requiridas para ser estados membro do Consello de Europa.

Países que ratificaron o Convenio

[editar | editar a fonte]

O 12 de marzo de 2012, Turquía converteuse no primeiro país en ratificar a Convención, aínda que no 20 de marzo de 2021, co islamita conservador Tayyip Erdoğan como presidente de Turquía, abandonou a Convención de Istanbul.[6][7]

Entre 2013 e 2015 foi rataficado por outros dezaoito países que asinaron: (Albania, Andorra, Austria, Bosnia e Hercegovina, Dinamarca, Eslovenia, España, Finlandia, Francia, Italia, Malta, Mónaco, Montenegro, os Países Baixos, Polonia, Portugal, Serbia e Suecia).[2] O 11 de maio de 2017, o Consello decidiu a adhesión da Unión Europea[2] considerando que esta adhesión garante a complementariedade entre o plano nacional e o plano da UE, e consolida a capacidade desta última para desempeñar un papel máis eficaz en foros internacionais como o Grupo de Expertos do Consello de Europa na loita contra a violencia contra as mulleres e a violencia doméstica (GREVIO).[3]

En xullo de 2017, a convención estaba asinada por 46 estados, seguidos da ratificación do mínimo de oito vinte e catro membros do Consello de Europa.

  1. "Los mitos infundados de la Convención de Estambul". La Vanguardia. 27 de xullo de 2019.
  2. 1 2 3 4 "Full list". Treaty Office (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2019.
  3. 1 2 "La UE se suma al convenio internacional para luchar contra la violencia contra las mujeres - Consilium". www.consilium.europa.eu (en castelán). Consultado o 25 de maio de 2018.
  4. "Signatures and ratifications". Council of Europe. 1 de xullo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2015. Consultado o 1 de xullo de 2013.
  5. "O convenio de Istanbul sobre violencia contra a muller entrará en vigor o 1 de agosto. Mulleres de Galicia". igualdade.xunta.gal. Consultado o 25 de maio de 2018.
  6. Turquía abandona la Convención de Estambul contra la violencia machista porque va en contra de "la estructura familiar", eldiario.es, 20 de marzo de 2021
  7. Erdogan saca a Turquía del tratado europeo contra la violencia machista, Público, España, 20 de marzo de 2021