Constanza de Sicilia (filla de Roxerio I de Sicilia)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1081 |
Morte | 1135 (53/54 anos) |
Outro | |
Título | Nobile (en) |
Familia | Casa de Hauteville |
Cónxuxe | Conrado II de Italia (1095 (Gregoriano)–) |
Pais | Roger I de Sicilia e Eremburga de Mortain e Sikelgaita (pt) |
Irmáns | Emma of Hauteville (en) , Flandina of Hauteville (en) , Judith of Hauteville (en) , Maximilla di Altavilla (en) , Muriella di Altavilla (en) , Mathilde de Hauteville (en) , Felícia da Sicília (pt) , Roxerio II de Sicilia, Simón de Sicilia, Mauger, Count of Troina (en) , Geoffrey of Ragusa (en) e Jordan of Hauteville (en) |
Constanza de Sicilia, tamén coñecida como Constanza de Hauteville, nada en 1082 e finada despois de 1135, foi unha nobre normanda que foi raíña consorte de Conrado de Italia, Rei de romanos.
Era filla do Gran Conde de Sicilia Roxerio I e de Eremburga de Mortain, e irmá de Malxerio de Hateteville, conde de Troina, e media irmá máis vella, por parte do pai, do rei Roxerio II de Sicilia.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Matrimonio[editar | editar a fonte]
En 1095, Costanza casou con Conrado de Italia, fillo e herdeiro do emperador Henrique IV e da súa primeira esposa Berta de Savoia. O matrimonio foi promovido polo papa Urbano II que, nese tempo, buscaba unha alianza co conde de Sicilia. Esta unión non tivo fillos.
O seu marido foi rei corexente de Alemaña de 1087 a 1098 e rei corexente de Italia de 1093 a 1098. No conflito entre Herique IV e Urbano II, Conrado aliouse c o papa en contra do seu propio pai. Pouco despois do Concilio de Piacenza, Conrado xurou lealdade a Urbano II en Caemona e serviu como palafreneiro pontificio, guiando o cabalo do papa como signo de humildade.
Deposición[editar | editar a fonte]
En abril de 1098, despois de tres anos de conflitos co seu fillo, Henrique IV reaccionou retractándose das súas posicións diante do Parlamento imperial, o Reichstag ou Dieta Imperal, en Maguncia, depoñendo a Conrado e designando ao seu fillo máis novo Henrique V como su sucesor.
Despois da súa deposición, Conrado II xa non tiña case ningunha influencia na política italiana. O seu máis importante aliado, Urbano II, morreu o 29 de xullo de 1099 e, con el, desapareceu a esperanza da súa restauración.
Conrado faleceu o 27 de xullo de 1101. Constanza nunca volveu a casar, e pasou os anos seguientes, até a súa morte despois de 1135, en relativa escuridade.
Predecesor: Berta de Savoia |
Raíña consorte de romanos 1095 - 1098 |
Sucesor: Matilde de Inglaterra |
Predecesor: Berta de Savoia |
Emperatriz consorte do Sacro Imperio 1095 - 1098 |
Sucesor: Matilde de Inglaterra |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Brown, Gordon (2003). The Norman Conquest of Southern Italy and Sicily (en inglés). Jefferson, North Carolina: McFarland. ISBN 0786414723.
- Houben, Robert (2002). Roger II of Sicily A ruler between east and west (PDF) (en inglés). The Edinburgh Building, Cambridge, Reino Unido: Cambridge University Press. ISBN 9780521655736. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de febreiro de 2017. Consultado o 12 de novembro de 2016.
- Malaterra, Goffredo (2005). The deeds of count Roger of Calabria and Sicily and of his brother duke Robert Guiscard (en inglés). The University of Michigan Press. ISBN 0-472-11459-X.
- Norwich, John Julius (1967). The Normans in the South, 1016-1130 (en inglés). Londres: Longmans. OCLC 358519.
- Norwich, John Julius (1970). The kingdom in the sun, 1130-1194 (en inglés). Nueva York: Harper & Row. OCLC 134983.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Xenealoxía da casa de Hauteville Arquivado 05 de agosto de 2011 en Wayback Machine. (en inglés). Consultada o 12 de novcembro de 2016.