Constantino Suárez Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaConstantino Suárez Fernández

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de setembro de 1890 Editar o valor em Wikidata
Avilés, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de marzo de 1941 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , xornalista Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioEspañolito Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webespañolito.es Editar o valor em Wikidata

Constantino Suárez Fernández, coñecido co pseudónimo de Españolito, nado en Avilés o 10 de setembro de 1890 e finado en Madrid o 4 de marzo de 1941, foi un escritor e xornalista asturiano.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Avilés, fillo de Constantino Suárez Graíño e Visitación Fernández Graíño. Estudou o bacharelato en Oviedo e Xixón ata 1906, cando emigrou a Cuba. Despois de realizar diferentes traballos fundou unha librería e comezou a enviar crónicas e contos a xornais asturianos. Estes traballos foron publicados no Diario de Avilés e máis tarde comezou a colaborar con periódicos de Cuba como Diario Español, Diario de la Marina (ambos da Habana), La Correspondencia (Cienfuegos), Voz Astur (revista da Habana), El Faro del Emigrante e El Emigrante.

En 1921 regresou a España instalándose en Madrid pero mantivo a súa relación con Cuba enviando columnas aos periódicos cubanos. Colaborou nos periódicos madrileños Heraldo de Madrid, La Esfera, Nuevo Mundo, Por Esos Mundos e España y América. En 1923 en recoñecemento ao seu traballo outorgáronlle a Medalla ó mérito naval.

O 2 de xuño de 1924 casou en Avilés con Dolores Suárez, nesta época colaborou cos periódicos asturianos El Noroeste, La Prensa, Región e La Voz de Avilés.

En 1930 comezou a relacionarse con sectores republicanos. En 1931 foi nomeado interventor no Padroado de Misións Pedagóxicas, baixo a dirección de Luis Álvarez Santullano.[2] Ao comezar a Guerra Civil foi agregado ao departamento de propaganda.

O 4 de marzo de 1941 faleceu en Madrid, sendo trasladado o seu corpo en 1952 ao panteón do Cemiterio Municipal de La Carriona de Avilés.

Obras[editar | editar a fonte]

Rafael o la alegría de ser español, ilustrado por Máximo Ramos.
  • Los flacos de la soberbia.
  • ¡Emigrantes...! (1915)
  • Oros son triunfos (1917)
  • Doña Capricho (1919)
  • Ideas (1919) recompilatorio das súas columnas.
  • Vocabulario cubano (1919)
  • Galicia calumniada (1923)
  • La verdad desnuda (1924)
  • Isabelina (1924)
  • Sin testigos y a oscuras (1925)
  • Rafael, o la alegría de ser español (1926), ilustrado por Máximo Ramos
  • El hijo de trapo (1926)
  • Una sombra de mujer (1927)
  • E. Sánchez Calvo. Apuntaciones biográficas (1928)
  • Cuentistas asturianos (1930)
  • Un hombre de nuestro tiempo (1931)
  • Flórez Estrada. El Hombre, el pensador, las obras. Edición preparada por Rafael Anes Álvarez (1992)
  • Escritores y artistas asturianos (7 volumes, 1936-1959), a súa obra fundamental que ofrece unha completa referencia bio-bibliográfica da literatura de Asturias.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gracia, Ignacio (5 de julio de 2004). "Entrevistas en la historia". Consultado o 21 de abril de 2017. 
  2. "Constantito Suárez". ficha en residencia.csic.es. Consultado o 21 de abril de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]