Constantin Brâncoveanu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaConstantin Brâncoveanu

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de agosto de 1654 Editar o valor em Wikidata
Brâncoveni, Romanía (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte15 de agosto de 1714 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Istambul Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePena de morte Editar o valor em Wikidata (Decapitación Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeWallachia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Wallachia (en) Traducir
Valaquia Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa16 de agosto Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloPríncipe do Sacro Império Romano-Germânico (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FamiliaCraiovești (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeDoamna Marica Brâncoveanu
FillosPrince Constantin 'Dinu' of Oltenia, Beyzades, hereditary prince of Valachia, duke of Brancoveni (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisPapa Brancovan (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Stanca Brâncoveanu (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Estatua de Constantin Brâncoveanu en Bucarest.

Constantin Brâncoveanu, nado en Brâncoveni en 1654 e finado en Istambul o 15 de agosto de 1714, foi príncipe de Valaquia entre 1688 e 1714.

Biografía[editar | editar a fonte]

Descendente da familia de boiardos Craioveşti e familiar de Matei Basarab, Brâncoveanu naceu na facenda de Brâncoveni, e foi criado na casa do seu tío, o stolnic Constantin Cantacuzino. Chegou a ser involucrado no conflito entre Constantin e Şerban Cantacuzino, e ocupou o trono logo da misteriosa morte de Şerban. Nun principio foi apoiado por Constantin, pero a relación deveu nun enfrontamento violento. Cantacuzino quedou exiliado, e empezou a promover o seu fillo Ştefan, mentes competía con Brâncoveanu para o apoio do Imperio Otomán, do quen Valaquia era vasalo.

Política[editar | editar a fonte]

O príncipe empezou a negociar alianzas anti-otomás, nun principio coa Casa de Habsburgo, e despois coa Rusia de Pedro I. Trala intervención en 1710 dos rusos en Moldavia, o príncipe contactou co tsar e aceptou os seus regalos, mentres a súa rivalidade co príncipe moldovo Dimitrie Cantemir (o principal aliado rexional dos rusos) evitou unha medida política máis drástica. En lugar diso, Brâncoveanu agrupou tropas valacas en Urlaţi, preto da fronteira moldova, esperando que tropas rusas entrasen no seu país para ofrecer os seus servizos ao tsar, e tamén preparándose para a contra-ofensiva otomá en caso dun cambio de fortunas. Cando varios dos seus boiardos fuxiron cara ao campamento ruso, o príncipe viuse obrigado a elixir en favor dos otománs ou arriscar ser inimigo do Imperio Otomán, así que devolveu axiña os regalos que recibira dos rusos.

Accións como estas foron denunciadas ao sultán. Brâncoveanu foi deposto do seu trono polo sultán Ahmed III, e traído en arresto até Istambul, sendo encarcerado en 1714 na fortaleza de Yedikule. Foi torturado polos otománs, que agardaban descubrir o paradoiro da súa suposta fortuna. El e os seus catro fillos foron decapitados en agosto xunto co leal tesoureiro, Enache Văcărescu.

As súas cabezas foron levadas sobre paus polas rúas de Istambul, o que provocou inquedanza na cidade. Temendo unha rebelión, mesmo por parte dos musulmáns indignados da inxustiza cometida contra o príncipe e os seus achegados, ordenouse botar os corpos no Bósforo. Pescadores cristiáns recolleron os corpos e os enterraron no Mosteiro Halchi, preto de Istambul.

Empresas culturais[editar | editar a fonte]

Foi un gran mecenas da cultura. Durante o seu reinado imprimíronse en Bucarest moitos textos romaneses, gregos, eslavos, árabes, turcos e xeorxianos, trala instalación dunha imprenta supervisada por Antim Ivireanul. Durante o seu reinado apareceu en Valaquia o estilo arquitectónico Brâncovenesc, coma síntese das arquitecturas renacentistas e bizantinas.

Empresas culturais coma estas baseáronse no aumento dos impostos, crecemento determinado tamén pola presión fiscal dos otománs.

Legado[editar | editar a fonte]

A intriga que marcou o ascenso de Constantin e o seu reinado, está reflectida nas crónicas do seu tempo, divididas segundo o punto de vista ideolóxico: Mentres Letopiseţul Cantacuzinesc e Cronica Bălenilor amosan o retrato oficial do reinado de Brâncoveanu, Radu Popescu está en contra da política dos donos da Casa Cantacuzino. A Historia Hieroglyphica de Dimitrie Cantemir céntrase no conflito e reflicte a preferencia de Cantemir por Constantin Cantacuzino, logo de se converteren en familiares logo do matrimonio de Dimitrie Cantemir.

O breve reinado de Ştefan Cantacuzino viu o declive final dos Cantacuzino; el e mailo seu pai foron executados polos otománs, que viron como a solución para o risco dunha alianza valaco-rusa a imposición do ríxido sistema dirixente fanariota, inaugurado en Valaquia por Nicholas Mavrocordatos, quen, polo seu anterior reinado en Moldavia, é considerado tamén o primeiro líder fanariota dese país.

Pola súa morte tráxica, Constantin Brâncoveanu chegou a ser o heroe de varias baladas populares romanesas, e foi tamén representado nalgunhas moedas de Romanía. Segundo a Igrexa ortodoxa romanesa, o motivo para a súa execución e maila dos seus fillos foi o rexeitamento a renunciar á fe cristiá e a se converter ao islam. En 1992 a Igrexa declarouno a el, aos seus fillos e a Enache Văcărescu, santos e mártires (Sfinţii Martiri Binecredinciosul Voievod Constantin Brâncoveanu, împreună cu fiii săi Constantin, Ştefan, Radu, Matei şi sfetnicul Ianache). O día do calendario relixioso para eles é o 16 de agosto.

A Universidade Constantin Brâncoveanu está en Piteşti, pero ten tamén filiais en Brăila e Râmnicu Vâlcea.

Predecesor:
Şerban Cantacuzino
Príncipe de Valaquia
1688-1714
Sucesor:
Ştefan Cantacuzino

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]