Consello da Mocedade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Consello da Mocedade
Tipoorganización política
Ideoloxíanacionalismo galego
Data de fundación1963
Data de disolución1964
editar datos en Wikidata ]

O Consello da Mocedade foi unha agrupación política constituída a fins de 1963 por iniciativa do primeiro grupo da Unión do Pobo Galego que pretendía constituír un grupo galeguista á marxe do galeguismo cultural desenvolvido por Ramón Piñeiro.

Historia[editar | editar a fonte]

Nesta agrupación integrouse a maior parte do grupo Brais Pinto e a UPG (Xosé Luís Méndez Ferrín, Bautista Álvarez, Reimundo Patiño, Xosé Alexandre Cribeiro) pero tamén outro grupo vencellado ao propio galeguismo cultural como Arcadio López Casanova, Salvador García-Bodaño[1] e Xosé Luís Rodríguez Pardo. O seu secretario xeral era Antón Moreda, e en total agrupaba unhas 50 persoas. A tensión entre os dous grupos constituíntes e a súa diferente visión, un propugnando a homolagación cos países democráticos da Europa Occidental e outro moi influído pola descolonización dos países do terceiro mundo, levou á inoperatividade da organización, finalmente o grupo afín a Ramón Piñeiro que era maioritario celebrou unha xuntanza a comezos de 1964 e decidiu expulsar o sector minoritario que incluía ao secretario xeral, este grupo pouco despois refundou a UPG mentres o Consello da Mocedade deixou de actuar.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fernández Baz, M. A. (2003). A formación do nacionalismo galego contemporáneo (1963-1984). Santiago de Compostela: Laiovento. p. 37. 
  • Rubiralta, F. (1998). De Castelao a Mao. O novo nacionalismo radical galego (1959-1974): Orixes, configuración e desevolvemento inicial da UPG. Santiago de Compostela: Laiovento. pp. 86–88.