Gerardo Álvarez Courel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGerardo Álvarez Courel
Biografía
Nacemento1 de maio de 1966 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Bembibre, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de León Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , enxeñeiro Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata


Gerardo Álvarez Courel, nado en Bembibre (provincia de León) o 1 de maio de 1966, é un enxeñeiro e político berciano. Foi presidente do Consello Comarcal do Bierzo dende 2015 [1] ata 2023. Dende o 23 de agosto de 2023 é presidente da Deputación Provincial de León.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou enxeñería técnica industrial na Universidade de León, rematando a carreira en 1994 e traballou en diversas empresas privadas. Militante do PSOE e secretario comarcal do Bierzo desa formación[3] e concelleiro en Bembibre.

Como presidente do Consello Comarcal amosouse partidario da implantación e a continuidade da lingua galega na comarca[4], o seu fomento nas escolas[5] e o seu uso administrativo no seo do Consello[6].

Notas[editar | editar a fonte]