Congreso Nacional de Canarias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Z amazigh, símbolo bérber adoptado polo CNC como propio

O Congreso Nacional de Canarias (CNC) é un partido político nacionalista de Canarias, (España), encabezado por Antonio Cubillo, secretario xeral do MPAIAC. Foi fundado en 1985, despois de que Cubillo regresase do seu exilio en Alxer.

Unicamente obtivo representación política nunha ocasión, unha concelleira no concello de Arrecife (Lanzarote), nas eleccións municipais do ano 1987. Trátase polo tanto dun partido minoritario.

O seu órgano de expresión é a revista dixital El Guanche.

Na actualidade o propio CNC preséntase como "brazo político do MPAIAC" (Cubillo ocupou os máis altos cargos de dirección de ambas organizacións). No entanto, o MPAIAC cesou todo tipo de actividade en 1979, e o CNC fúndase en 1985. Nos anos 70 o brazo político do MPAIAC era o Partido dos Traballadores Canarios.

Ideoloxía[editar | editar a fonte]

O CNC reclama a independencia das Canarias e que considera que é a última das colonias africanas en poder dunha potencia europea.

O CNC oponse á Zona de Libre Comercio de Canarias, rexeita calquera tipo de estatuto de autonomía e propón a saída da Unión Europea.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]