Condado de Valois

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O condado de Valois foi unha xurisdición feudal de Francia. Máis tarde existiu o Ducado de Valois (1407-1789). A dinastía Valois, chamada así polo ducado, reinou en Francia. A capital do condado foi primeiro Vez (en latín, Vadum) e despois Crépy-en-Valois.

Historia[editar | editar a fonte]

A primeira dinastía condal deriva de Carlomagno a través do seu fillo Pipino e do seu neto Bernardo, reis de Italia. Trátase dos chamados herbertinos ou herbertidas.

O fillo de Bernardo, Pipino chamado Pipino de Péronne, foi conde no Vermandois ao redor de 840 gobernando Péronne, Saint Quintin e Senlis. Estivo casado con Rotaida de Bobbio e tiveron tres fillos: Heriberto, Pipino e Bernardo. O primeiro foi o tronco dos condes de Vermandois e o segundo dos condes de Valois e Senlis.

A liña de Valois repartiuse entre os fillos do Conde Bernardo (morte tradicionalmente fixada o 956): Huberto, que recibiu Senlis, Roberto que recibiu Péronne, Robhold que foi o tronco dos señores de Chantilly e logo de Huntingdon e Northampton, e Adela que casou con Walerano, antes identificado como conde de Vexin, pero que hoxe se pensa que se trataba de Walerano, conde de Arlon. O conde Gautier II librouse da vasalaxe que debía ao bispo de Amiens e esta función volveuse ligada á familia Condal.

Os condados non se puideron manter unidos e separáronse á morte de Gautier II, pero en 1063 Raúl III unificounos de novo e mesmo os expandiu. Á súa morte o seu fillo Simón, destinado á vida eclesiástica, como único fillo tivo que aceptar a sucesión (1074) pero o día da súa voda decidiu desenterrar a seu pai, que fora excomungado e enterrado fóra de lugares santos, para ser levado a chan santo; a vista do cadáver en descomposición impresionouno tanto que volveu a facerse monxe e morreu en 1082. Algúns condados pasaron a outros herdeiros e o condado de Valois pasou polo matrimonio da irmá de Simón, Adela, esposa do conde de Vermandois (máis tarde, en 1118, os condes de Vermandois tamén recuperaron a Amiens).

Pero esta liña de Vermandois tampouco non tiña fillos varóns. Adelaida casou con Hugo, señor de Crepy pero só tiveron unha filla, Isabel. Do seu segundo enlace con Renaud, conde de Clermont-en-Beavaisis, naceu Raúl IV, pero o seu fillo, Raúl V, morreu sen sucesión e os tres condados pasaron á irmá, Isabel, que casou con Filipe de Alsacia que herdou o condado de Flandres. En 1179 fíxose recoñecer conde igua que a súa esposa e único herdeiro polo rei de Francia, e á morte da súa muller en 1182 proclamouse soberano de Valois, Vermandois e Amiens; pero a irmá de Isabel, Leonor, co apoio do rei de Francia, reclamou a sucesión e fianlmente en 1185 Filipe renunciou. Leonor cedeu os condados de Valois, Vermandois e Amiens á coroa francesa (1214) e retirouse a un convento.

Entón o condado de Valois foi asignado temporalmente a varias personalidades en asignación, ás veces volvendo á coroa. En 1406 o condado foi elevado a ducado. Permaneceu ata a revolución.

Condes de Valois e Senlis[editar | editar a fonte]

Condes de Valois[editar | editar a fonte]

Condes de Senlis[editar | editar a fonte]

Señores de Péronne[editar | editar a fonte]

  • Roberto I 956-1028 (irmán de Huberto de Senlis).
  • Odón 1028-?.
  • Roger?.
  • Ives (irmán, recibe a señoría de Neslé).
  • Pedro?.
  • Gauthier?.
  • Xoán I c. 1210.
  • Xoán II de Lille.
  • a Lille arredor de 1250.

Condes de Valois, Vexin e Amiens[editar | editar a fonte]

Casa de Vexin[editar | editar a fonte]

  • antes do 895 - 919: Ermenfredo de Amiens, conde de Amiens, de Vexin e de Valois.
  • 919 - 926: Raúl I de Ostrevent (m. 926), conde de Amiens, Vexin e Valois. Casado con Hildegarda, probabelmente filla de Ermenfredo.
  • 926 - 943: Raúl II, conde de Amiens, Vexin e Valois, fillo do precedente. Casado con Lietgarda.
  • 943 -despois de 992: Gautier I, conde de Amiens, Vexin e Valois, irmán; casado con Adela, probabelmente filla de Fulque II de Anjou.
  • antes de 998 - despois de 1017: Gautier II, conde de Amiens, Vexin e Valois, fillo; Casado con Adela.
  • antes de 1024 - 1038: Raúl III, conde de Valois, fillo; Casado con Alix.
  • 1038 - 1074: Raúl de Crépy, IV de Valois e III de Vexin-Amiens o Grande, conde de Valois, despois de Vexin e de Amiens, conde consorte de Bar-sur-Aube e Vitry. Fillo; Casou en primeiras nupcias con Adela de Bar-sur-Aube e Vitry, en segundas nupcias con Haquenez e en terceiras nupcias con Ana de Kíiv.
  • 1074 - 1077: Simón (10481081), conde de Valois, despois de Vexin e Amiens, fillo (coa primeira muller). En 1077 Simón converteuse en monxe. Valois pasou ao seu cuñado Heriberto IV de Vermandois casado con Adela ou Alix, a irmá de Simón; Amiens pasou á coroa aínda que foi reintegrado máis tarde, e Vexin repartiuse entre o duque de Normandía e o rei de Francia.

Casa de Vermandois[editar | editar a fonte]

Condes de Valois[editar | editar a fonte]

Duques de Valois[editar | editar a fonte]

Mapa do país de Valois cara 1620, trala desaparición do condado. Gravado en metal.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]