Petronila de Aquitania
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 1125 Poitiers, Francia |
| Morte | Despois de 1152 Saint-Quentin, Francia |
| Lugar de sepultura | Crépy-en-Valois |
| Actividade | |
| Ocupación | aristócrata |
| Outro | |
| Título | Duquesa Countess of Vermandois (en) |
| Familia | Ramnúlfidos |
| Cónxuxe | Raúl I de Vermandois (1142–1152) |
| Fillos | Isabel de Vermandois, Raúl II de Vermandois, Lionor de Vermandois |
| Pais | Guillerme X, duque de Aquitania |
| Irmáns | Aliénor de Aquitania |
Petronila de Aquitania[1], nada aproximadamente en 1125 e finada despois de 1151, era filla de Guillerme X de Aquitania, duque de Aquitania e Lionor de Châtellerault. Era irmá de Aliénor de Aquitania. Tamén lle chamaban Aelis.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Seguiu á súa irmá Lionor ata a corte de Francia e namorouse alí de Raúl de Vermandois, un home maduro xa casado con Lionor de Blois. Para agradala, Aliénor de Aquitania e o seu marido, Lois VII de Francia, obtiveron a disolución do matrimonio de Raúl, o que provocou un conflito co conde de Champaña Teobaldo IV de Blois, irmán da repudiada esposa.
Despois casou con Raúl I de Vermandois[1] (m. 1152 ), conde de Vermandois e Valois e tiveron a:
- Isabel (1143-1183), condesa de Vermandois e Valois, casada con Filipe de Alsacia, conde de Flandres.
- Raúl II (1145-1167), conde de Vermandois e Valois.
- Lionor de Vermandois (1148/1149 - 1213).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 . Xenealoxía de Petronila de Aquitania en Medieval Lands