Concha García Campoy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaConcha García Campoy

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Concepción Garcia Campoy Editar o valor em Wikidata
28 de outubro de 1958 Editar o valor em Wikidata
Terrasa, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de xullo de 2013 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Valencia, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Leucemia Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Autónoma de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , presentadora de televisión , locutor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorTelevisión Española Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAndrés Vicente Gómez (2000–2013) Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webtelecinco.es… Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0305585 Editar o valor em Wikidata

Concepción García Campoy, nada en Terrassa o 28 de outubro de 1958 e finada en Valencia o 10 de xullo de 2013, coñecida como Concha García Campoy, foi unha xornalista e presentadora de radio e televisión española. Ata xaneiro de 2012, dirixía e presentaba o informativo matinal da cadea televisiva Telecinco e era portavoz da Academia das Ciencias e as Artes da Televisión.

Biografía[editar | editar a fonte]

Con sete anos trasladouse coa súa familia, de orixe andaluza, a Eivisa.[1][2] Ten dous irmáns chamados Francisco e Asunción.[3] Estivo casada en dúas ocasións: co avogado eivisenco Jaime Roig e co sociólogo manchego Lorenzo Díaz, con quen tivo dous fillos, Lorenzo (1992) e Berta (1998). Trala súa separación de Lorenzo, en outubro de 2000 refixo a súa vida sentimental co produtor de cine Andrés Vicente Gómez.

En xaneiro de 2012 anunciou a través da súa conta de Twitter que deixaba a televisión temporalmente debido a que se lle diagnosticou leucemia.[4] Preto dun mes antes, en Noiteboa de 2011, recibiu dos seus médicos a noticia desta enfermidade e desde entón comezou o seu tratamento de quimioterapia.[5] Tras superar o terceiro ciclo de medicación, en xuño de 2012, recibiu un transplante de medula ósea.[6] Aínda que inicialmente superou a enfermidade, a xornalista recaeu en xaneiro de 2013, e hospitalizou para reforzar o seu tratamento.[7] Máis tarde, a mediados de marzo do mesmo ano volveu ingresar no Hospital Universitario e Politécnico de La Fe de Valencia para someterse a unha segunda intervención.[8] Desde que recibiu a alta un mes despois do transplante, acudía periodicamente ao centro médico para ter un seguimento da súa enfermidade.[9]

Faleceu o 10 de xullo de 2013 no Hospital La Fe de Valencia, tras ingresar dous días antes no centro clínico.[5] O principal motivo da súa morte foi debido a unha insuficiencia hepática aguda causada polo efecto dos medicamentos no fígado e á súa vez por unha caída de coma irreversible.[10][11] Foi incinerada e as súas cinzas foron esparcidas na costa d' Eivisa.

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

Comezou a súa traxectoria profesional en 1979 dirixindo, na radio de Eivisa, un programa chamado Antena pública, dos Servizos Informativos da Cadea COPE. En 1983, aprobou as oposicións de TVE como a número un da súa promoción, incorporándose aos servizos informativos da cadea nas Illas Baleares.

O 7 de xaneiro de 1985 presentou o seu primeiro Telediario de sobremesa, que lle permitiu alcanzar a fama xunto a Manuel Campo Vidal, o seu compañeiro de estudo. Compaxinou o seu traballo televisivo coa dirección de Las mañanas de Radio 1, en RNE.

En 1987 abandonou a televisión ao ser fichada pola Cadena SER, e a principios de 1988 comeza a dirixir e presentar o programa A vivir que son dos días. Conseguiu ser líder da radio na franxa matinal dos fins de semana, sendo galardoada co Premio Ondas, a Antena de Prata e o Micrófono de Ouro en 1989.

En 1991, volveu a TVE co espazo Mira 2, e en xullo de 1993 incorporouse a Antena 3 Radio, onde permanece un ano co programa matinal Días de radio.

En 1994 empezou a presentar Noches de radio en Onda Cero e desde maio de 1996 a setembro de 1999 pasou a ocuparse do informativo La Brújula, en substitución de Ernesto Sáenz de Buruaga. Máis tarde, na mesma cadea faríase cargo do espazo Hoy es domingo (1999-2004).

En 1999 regresa a televisión, logo de varios anos de ausencia, e faio na cadea privada Telecinco onde presenta, ata 2002, o programa sobre cine La gran ilusión.

De novo na radio, incorpórase a Punto Radio, onde presenta e dirixe, entre 2004 e xuño de 2006 os programas Diario de la tarde e Campoy en su punto.[4]

Do 4 de outubro de 2006 ao 24 de decembro de 2010 traballou na cadea de televisión Cuatro, para facerse cargo dun programa matinal, que levou por título Las mañanas de Cuatro, onde cada día ofrecía reportaxes sobre política e actualidade. Trala fusión de Cuatro e Telecinco, en xaneiro de 2011, pasou a presentar na última cadea mencionada Informativos Telecinco Matinal.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Concha García Campoy" (en castelán). Cuatro. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2010. Consultado o 8 de outubro de 2010. 
  2. "Descubre Dalt Vila con las narraciones de Paz Vega y Concha García Campoy" (en castelán). Las Provincias. Consultado o 8 de outubro de 2010. 
  3. "Vanitatis". Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2013. Consultado o 10 de xullo de 2013. 
  4. 4,0 4,1 Público, ed. (9 de xaneiro de 2012). "García Campoy: "Tengo leucemia, pero también ánimo de lucha"" (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2012. 
  5. 5,0 5,1 de Diego, Sara (10 de xullo de 2013). Vanitatis, ed. "Fallece la periodista Concha García Campoy víctima de una leucemia" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2013. Consultado o 12 de xullo de 2013. 
  6. de la Gama, Amparo (3 de xuño de 2012). Vanitatis, ed. "Concha García Campoy responde favorablemente al trasplante de médula ósea" (en castelán). El confidencial. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2013. Consultado o 12 de xullo de 2013. 
  7. La Vanguardia, ed. (29 de xaneiro de 2013). "Concha García Campoy: "Estoy de nuevo en el hospital"" (en castelán). Consultado o 12 de xullo de 2013. 
  8. Europa Press (13 de marzo de 2013). Público, ed. "Concha García Campoy "seguirá luchando" tras someterse a un nuevo trasplante de médula" (en castelán). Consultado o 12 de xullo de 2013. 
  9. EFE (11 de abril de 2013). Público, ed. "Concha García Campoy recibe el alta tras un transplante de cordón umbilical" (en castelán). Consultado o 12 de xullo de 2013. 
  10. Garrido, Cristina (11 de xullo de 2013). ABC, ed. "La razón de la muerte de Concha García Campoy: ¿Qué es un coma hepático?" (en castelán). Vocento. Consultado o 12 de xullo de 2013. 
  11. La Vanguardia, ed. (10 de xullo de 2013). "Concha García Campoy, en coma irreversible" (en castelán). Consultado o 12 de xullo de 2013. 
  12. "Concha García Campoy estrena programa en Telecinco". ABC.es. 7 de xaneiro de 2011. Consultado o 8 de xaneiro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]