Manuel Campo Vidal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Campo Vidal

(2010) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de marzo de 1951 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Camporrélls, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Politécnica de Cataluña
Universidade Autónoma de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , presentador de televisión Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMaría Rey Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1397480 Dialnet: 984720 Editar o valor em Wikidata


Manuel Campo Vidal, nado en Camporrélls (Huesca) o 30 de marzo de 1951, é un xornalista e presentador español de televisión.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Manuel Campo Vidal no Congreso Pontes de cultura, pontes de futuro, organizado pola asociación Ponte... nas ondas!.

Está licenciado en Ciencias da Información pola UAB e é enxeñeiro Técnico Industrial pola Universidade Politécnica de Catalunya (UPC). Ademais, estudou Socioloxía en L'Ecole des Hautes Etudes en Sciences Socials (París). As súas primeiras relacións co xornalismo profesional foron en 1972 co diario Tele-expres de Barcelona, xornal do que chegaría a ser subdirector.

En 1983 asumiu a subdirección do Telediario 2 de TVE, converténdose tamén no seu presentador, primeiro en solitario e, entre 1985 e 1987 xunto a Ángeles Caso. Paralelamente, dirixía e presentaba tamén o informativo Punto y aparte, que pretendía achegar a noticia ó telespectador, desde unha perspectiva pouco tradicional.

Nos seguintes anos incorpórase á Cadena SER de radio, onde presenta e dirixe o espazo Hora 25.

En 1992, fichou pola canle de televisión Antena 3, nun momento no que, tralo cambio no accionariado da mesma, procedeuse a renovar os seus informativos. Deste modo, Manuel Campo pasou a presentar e dirixir o informativo diario Antena 3 Noticias, até 1993.

Durante esta etapa, concretamente o 23 de maio de 1993 foi o moderador do debate do primeiro "cara a cara" da historia da televisión entre os dous aspirantes á presidencia do Goberno de España, José María Aznar e Felipe González, chegando a acadar unha cota de audiencia de 9,6 millóns de espectadores. Tamén dirixiu un debate electoral entre os candidatos á presidencia da Xunta de Galicia: Manuel Fraga (PPdG) e Antolín Sánchez Presedo (PSdeG), celebrado no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela e retransmitido pola Antena 3 en desconexión para Galicia.

Desde 2003 presentaba o programa Generación XXI, emitido por Canal Sur, ETB, Castilla-La Mancha Televisión e Televisión de Canarias.

En 2006 foi elixido Presidente da Academia das Ciencias e as Artes de Televisión de España substitíndo a Ignacio Salas.

Conta cun Premio Ondas (en 1989), polo seu labor á fronte do programa Punto y aparte, así como dous TP de Oro, correspondentes a 1985 e 1986 como Mejor Presentador, coincidindo co seu paso polo Telediario.

Predecesor:
Ignacio Salas
Presidente da ATV
2006 - Actualidade
Sucesor:
---

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Está casado, dende 1998, coa xornalista viguesa María Rey.

Obras[editar | editar a fonte]

Xornalismo de Investigación[editar | editar a fonte]

  • Información y Servicios Secretos en el atentado al Presidente Carrero Blanco.

Socioloxía da Comunicación[editar | editar a fonte]

  • Simplemente María y su repercusión entre las clases trabajadoras.
  • Confidencias: La TV por dentro. 1985, Muchnik Editores, Barcelona, 281 pp.
  • La Transición Audiovisual Pendiente.

Socioloxía Política[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]