Concello de Gnosjö
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Suecia | ||||
| Condado | condado de Jönköping | ||||
| Capital | Gnosjö (pt) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 9.008 (2026) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 450,05 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1 de xaneiro de 1971 | ||||
| Sitio web | gnosjo.se | ||||
Gnosjö é un concello sueco (kommun) do condado de Jönköping.[1] A súa capital é o núcleo urbano de Gnosjö. En decembro do ano 2024 o concello tiña unha poboación de 9 131 habitantes.[2]
O concello é coñecido polo Gnosjöandan (o espírito de Gnosjö) e forma parte da rexión GGVV, máis coñecida como Gnosjöregionen.
Historia administrativa
[editar | editar a fonte]A área do concello correspóndese coa das parroquias de Gnosjö, Kulltorp (parte), Källeryd, Kävsjö e Åsenhöga. Nestas parroquias fundáronse concellos rurais co mesmo nome coa reforma municipal de 1862.
Coa reforma municipal de 1952 fundouse o gran concello de Gnosjö a partir dos municipios de Gnosjö, Källeryd, Kävsjö e Åsenhöga, así como dunha parte do de Kulltorp.
O concello de Gnosjö naceu coa reforma municipal de 1971 a través da reorganización do municipio rural de Gnosjö.[3]
Dende a súa fundación ata o ano 2005 o concello pertenceu ao partido xudicial de Värnamo e dende entón pertence ao de Jönköping.[4]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello de Gnosjö atópase no oeste do condado de Jönköping e limita ao norte e ao oeste co municipio de Gislaved, ao leste co de Vaggeryd e ao sur co de Värnamo, todos eles en Jönköping.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-20.
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-23.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784.
- ↑ "Värnamo tingsrätt". bebyggelseregistret.raa.se. Consultado o 27 de outubro de 2022.
