Håbo
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Suecia | ||||
| Condado | condado de Uppsala | ||||
| Capital | Bålsta (pt) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 23.252 (2025) | ||||
| Lingua oficial | lingua sueca lingua finesa | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 186,47 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1 de xaneiro de 1971: (Reforma municipal sueca de 1971) | ||||
| Organización política | |||||
| • Chairman of the municipal board in Håbo Municipality, Sweden (en) | Carina Lund (en) | ||||
| Sitio web | habo.se | ||||
Håbo é un municipio sueco (kommun) do condado de Uppsala.[1] A súa capital é a localidade de Bålsta. En decembro de 2024 o concello tiña 22 973 habitantes.[2]
Ao sur e ao oeste Håbo está rodeado pola baía de Ekolsundsviken e ao norte pola de Ekoln, as dúas do lago Mälar. O río Uppsalaåsen atravesa o concello e alcanza os 45 metros de altura entre as baías de Gorran e Lårstaviken. O municipio tamén pertence a illa de Arnö, coa súa paisaxe agrícola de estilo señorial.
A actividade económica local estaba dominada a principios da década de 2020 por pequenas empresas e un número menor de medianas empresas. Tamén había unha ampla dispersión nas industrias, aínda que a maioría das empresas atopábanse no sector da construción, servizos e comercio.
Historia administrativa
[editar | editar a fonte]A área do concello de Håbo correspóndese coa das parroquias de Häggeby, Kalmar, Skokloster, Yttergran e Övergran, todas no härad de Håbo. Nesas parroquias creáronse coa reforma municipal de 1862 concellos rurais co mesmo nome.
Durante a reforma de 1952 eses municipios rurais fusionáronse para fundar o concello rural de Håbo.
O actual municipio de Håbo fundouse coa reforma municipal de 1971 a través da transformación do anterior concello rural de Håbo.[3]
En dúas ocasións, o municipio investigou a posibilidade de pasar a formar parte do condado de Estocolmo, en 2009 e 2019, pero nunca houbo maioría política para un cambio de condado, só unha maioría para investigar a cuestión.[4][5][6][7]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello de Håbo atópase no sur do condado de Uppsala. Limita ao leste cos concellos de Sigtuna e Upplands-Bro, ámbolos dous no condado de Estocolmo. Ao nordés limita co municipio de Knivsta, ao norte co de Uppsala, e ao oeste co de Enköping, os tres no condado de Uppsala.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-09-09.
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-08.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Draking. ISBN 978-91-87784-05-7.
- ↑ Liljestrand, Anders (2019-03-13). "Så säger Bålstaborna om byte av län". www.unt.se (en sueco). Consultado o 2025-03-27.
- ↑ "Håbo utreder länsbyte – igen". SVT Nyheter (en sueco). 2019-11-10. Consultado o 2025-03-27.
- ↑ "Ska Håboborna bli stockholmare?" (en sueco). 2019-11-05. Consultado o 2025-03-27.
- ↑ "Håbo utreder länsbyte till Stockholm - P4 Stockholm". www.sverigesradio.se (en sueco). 2009-01-26. Consultado o 2025-03-27.
