Comisión do Océano Índico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa dos países membros.

A Comisión do Océano Índico (COI) (en francés Commission de l'Océan Indien, en inglés Indian Ocean Commission) é unha organización intergobernamental que une ás Comores, Madagascar, Mauricio, Francia (polo seu Departamento de Reunión) e as Seychelles, pola súa relación co océano Índico.

As Maldivas son observadores da comisión.

Obxectivos[editar | editar a fonte]

  • Cooperación diplomática
  • Cooperación comercial e económica
  • Cooperación no campo da agricultura, pesca marítima e a conservación de recursos e ecosistemas.
  • Cooperación nos campos cultural, científico, técnico e xudicial.

Outros obxectivos planeados eran incrementar o comercio, as tradicións culturais para crear lazos na área. E tamén para atraer o turismo.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Comisión do Océano Índico: Les missions de la COI Arquivado 11 de decembro de 2018 en Wayback Machine. (en francés). Consultada o 19 de febreiro de 2019.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]