Colpidium colpoda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Colpidium colpoda

Debuxo de Colpidium colpoda
Clasificación científica
Dominio: Eukarya
Reino: Chromalveolata
Filo: Ciliophora
Clase: Oligohymenophorea
Orde: Hymenostomatida
Familia: Tetrahymenidae
Xénero: Colpidium
Nome binomial
'Colpidium colpoda'
(Losana, 1829) Ganner & Foissner, 1989

Colpidium colpoda é unha especie de protozoo ciliado de vida libre que se encontra comunmente en ambientes de auga doce, como regatos, ríos, lagos e lagoas de todo o mundo.[1] Colpidium colpoda tamén se encontra frecuentemente en plantas de tratamento de augas residuais. Esta especie utilízase como indicador da calidade da auga e do procesado das augas nas plantas de tratamento.

Historia e características físicas[editar | editar a fonte]

O primeiro rexistro de Colpidium colpoda fíxoo Losana en 1829. Describiuno mellor Christian Gottfried Ehrenberg na súa publicación en dous volumes Die Infusionsthierchen als vollkommene Organismen (que se pode traducir por “Os Infusorios como Organismos Perfectos”) de 1838. A especie foi descrita en detalle por Ganner e Foissner en 1989.[1] C. colpoda considérase un ciliado de tamaño intermedio,[2] que normalmente ten entre 16 e 30 μm de longo e son células aplanadas dorsoventralmente con varias ringleiras de cilios que discorren por toda a lonxitude da célula.[3] Como moitos outros ciliados, é un heterótrofo comedor de bacterias, que inxire pola súa fenda oral. C. colpoda reprodúcese asexualmente cada 4–6 horas,[4] e as taxas de división varían segundo as condicións ambientais e a identidade da fonte de alimento bacteriano dispoñible.[5]

Filoxenia[editar | editar a fonte]

En xeral, crese que os ciliados forman un grupo monofilético que diverxiu doutros eucariotas bastante cedo na historia evolutiva, despois da evolución dos sistemas xenéticos heterocarióticos, pero antes da evolución da multicelularidade e algúns orgánulos como o retículo endoplasmático e o complexo de Golgi.[6] Colpidium encádrase taxonomicamente na orde dos ciliados Hymenostomatida, que tamén inclúe ao xénero ben estudado Tetrahymena e a Glaucoma. Algúns traballos previos suxeriran que Colpidium parecía estar máis próximo a Glaucoma ca a Tetrahymena,[7] pero análises máis recentes chegan á conclusión oposta.[8]

Xenética[editar | editar a fonte]

Aínda que non se dispón dunha secuenciación do xenoma completo de Colpidium colpoda, publicáronse secuencias parciais do xene do ARNr 18S e do xene da subunidade 1 da citocromo oxidase (cox1)[9] e secuencias completas do xene do ARN da telomerase[10] e o xene de ARNr 5,8S.[11] Dentro da mesma familia taxonómica de C. colpoda está o organismo modelo Tetrahymena thermophila. Hai moita literatura científica sobre o xenoma de T. thermophila como representante dos Alveolados, unha das grandes ramas evolutivas dos eucariotas que comprende a todos os ciliados, dinoflaxelados e apicomplexos.[12] Como moitos outros ciliados, T. thermophila ten un xenoma sorprendentemente complexo situado nun micronúcleo de liña xerminal e un macronúcleo somático, que funcionan e se replican independentemente. En 2006, secuenciouse o xenoma completo do macronúcleo de T. thermophila.[13]

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

Como Colpidium colpoda se alimenta de bacterias, esta especie atópase en hábitats de auga doce moi polucionados. Por isto, a presenza de C. colpoda considérase un indicador de mala calidade da auga.[14] C. colpoda e os seus conxéneres tamén se usan comunmente en experimentos de laboratorio.[15] C. colpoda pode usarse para acelerar a degradación do cru durante as verteduras de petróleo durante os procesos de biorremediación,[16] aínda que o mecanismo exacto que funciona non está claro. Especúlase sobre unha secreción de mucus que actúa como emulsificante, a acción mecánica dos cilios que contribúe á emulsificación e redución da competición entre as bacterias que contribúen á degradación de hidrocarburos e aquelas outras que non, entre outras posibilidades.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Ganner, B.; Foissner, W. (1989). "Taxonomy and ecology of some ciliates (Protozoa, Ciliophora) of the saprobic system. III. Revision of the genera Colpidium and Dexiostoma, and establishment of a new genus, Paracolpidium nov. gen.". Hydrobiologia 182 (3): 181–218. doi:10.1007/BF00007515. 
  2. Fenchel, T. (1980). "Suspension feeding in ciliated protozoa: functional response and particle size selection.". Microbial Ecology 6 (1): 1–11. doi:10.1007/BF02020370. 
  3. "Information on Colpidium colpoda". Encyclopedia of Life. 
  4. Cutler, D.W.; Crump, L.M. (1923). "The rate of reproduction in artificial culture of Colpidium colpoda". Biochemical Journal 17 (2): 174. PMC 1259336. 
  5. Burbanck, W.D. (1942). "Physiology of the ciliate Colpidium colpoda. I. The effect of various bacteria as food on the division rate of Colpidium colpoda.". Physiological Zoology 15 (3): 342–362. 
  6. Lukashenko, N.P. (2009). "Molecular evolution of ciliates (Ciliophora) and some related groups of protozoans.". Russian Journal of Genetics 45 (8): 885–898. doi:10.1134/S1022795409080018. 
  7. Chantangsi, C.; Lynn, D.H. (2008). "Phylogenetic relationships within the genus Tetrahymena inferred from the cytochrome c oxidase subunit 1 and the small subunit ribosomal RNA genes". Molecular Phylogenetics and Evolution 49 (9): 979–987. doi:10.1016/j.ympev.2008.09.017. 
  8. Strüder-Kypke, M.C.; Lynn, D.H. (2010). "Comparative analysis of the mitochondrial cytochrome c oxidase subunit I (COI) gene in ciliates (Alveolata, Ciliophora) and evaluation of its suitability as a biodiversity marker.". Systematics and Biodiversity 8 (1): 131–148. doi:10.1080/14772000903507744. 
  9. Chantangsi, C.; Lynn, D.H.; Brandl, M.T.; Cole, J.C.; Hetrick, N.; Ikonomi, P. (2007). "Barcoding ciliates: a comprehensive study of 75 isolates of the genus Tetrahymena.". International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology 57 (10): 2412–2423. doi:10.1099/ijs.0.64865-0. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2015. Consultado o 01 de marzo de 2015. 
  10. Amanda, J.Y.; Romero, D.P. (2002). "Phylogenetic relationships amongst tetrahymenine ciliates inferred by a comparison of telomerase RNAs.". International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology 52 (6): 2297–2302. doi:10.1099/ijs.0.02183-0. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2015. Consultado o 01 de marzo de 2015. 
  11. Van Bell, C.T. (1985). "5S and 5.8 S ribosomal RNA evolution in the suborder Tetrahymenina (Ciliophora: Hymenostomatida).". Journal of Molecular Evolution 22 (3): 231–236. doi:10.1007/BF02099752. 
  12. Stover, N.A.; Krieger, C.J.; Binkley, G.; Dong, Q.; Fisk, D.G.; Nash, R.; Sethuraman, A.; Weng, S.; Cherry, J.M. (2006). "Tetrahymena Genome Database (TGD): a new genomic resource for Tetrahymena thermophila research.". Nucleic Acids Research 34 (1): D500-D503. doi:10.1093/nar/gkj054. 
  13. Eisen, J.A.; et al. (2006). "Macronuclear genome sequence of the ciliate Tetrahymena thermophila, a model eukaryote.". PLoS Biology 4 (9): e286. doi:10.1371/journal.pbio.0040286. 
  14. Al-Shahwani, S.M.; Horan, N.J. (1991). "The use of protozoa to indicate changes in the performance of activated sludge plants.". Water Research 25 (6): 633–638. doi:10.1016/0043-1354(91)90038-R. 
  15. Lawler, S.P.; Morin, P.J. (1993). "Food web architecture and population dynamics in laboratory microcosms of protists.". American Naturalist 141 (5): 675–686. 
  16. Rogerson, A.; Berger, J. (1983). "Enhancement of the microbial degradation of crude oil by the ciliate Colpidium colpoda.". The Journal of General and Applied Microbiology 29 (1): 41–50. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Foissner, W., & Berger, H. (1996). A user‐friendly guide to the ciliates (Protozoa, Ciliophora) commonly used by hydrobiologists as bioindicators in rivers, lakes, and waste waters, with notes on their ecology. Freshwater biology,35(2), 375-482.
  • Ganner, B., & Foissner, W. (1989). Taxonomy and ecology of some ciliates (Protozoa, Ciliophora) of the saprobic system. III. Revision of the genera Colpidium and Dexiostoma, and establishment of a new genus, Paracolpidium nov. gen. Hydrobiologia, 182(3), 181-218.
  • Foissner, W. (2006). Biogeography and dispersal of micro-organisms: a review emphasizing protists. Acta Protozoologica, 45(2), 111-136.