Oligohymenophorea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oligohymenophorea

Paramecium aurelia (Orde Peniculida)
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Chromalveolata
Superfilo: Alveolata
Filo: Ciliophora
Clase: Oligohymenophorea
de Puytorac et al. 1974
Ordes típicos

Subclase Peniculia
    Peniculida
Subclase Hymenostomatia
    Hymenostomatida
Subclase Scuticociliatia
    Philasterida
    Pleuronematida
    Thigmotrichida
Subclase Astomatia
    Astomatida
Subclase Apostomatia
    Apostomatida
    Astomatophorida
    Pilisuctorida
Subclase Peritrichia
    Sessilida
    Mobilida

Os Oligohymenophorea son unha gran clase de protozoos ciliados. Teñen tipicamente unha fenda ventral onde se encontran a "boca" e cilios orais característicos, separados dos do resto do corpo. Presentan unha membrana paroral á dereita da boca e membranelas, xeralmente tres, á súa esquerda. A citofarinxe é simple e nunca forma os complexos cyrtos que se encontran noutros grupos. Os cilios do corpo orixínanse xeralmente a partir de monocinetias, pero hai dicinetias cunha distribución limitada nalgunhas partes do corpo.

Na maioría dos grupos os cilios do corpo son uniformes e a miúdo densos, mentres que os cilios orais son simples e ás veces reducidos, pero nos peritricos case é todo o contrario. Os membros deste grupo están amplamente distribuídos, e inclúen moitas formas de vida libre (xeralmente de augas doces, pero tamén as hai mariñas) e simbióticas. A maioría son micrófagos, que se alimentan de pequenos organismos que arrastran á súa boca co movemento dos cilios, pero hai tamén casos con outros hábitos de alimentación. No grupo dos astomos, perdeuse a boca e as estruturas asociadas.

O establecemento na clasificación do grupo dos Oligoohymenophorea propúxose en 1974 como unha das tres clases de ciliados, xunto cos Polyhymenophorea ou espirotricos e o agora abandonado grupo dos Kinetofragmophora. Desde entón, engadíronse a esta clase os apostomos, pero, á parte diso, pódese dicir que a composición da clase permaneceu relativamente constante, e as principais variacións afectaron ás posicións dos penicúlidos e plaxiopílidos.

Referencias[editar | editar a fonte]

  • Puytorac, P. de, A. Batisse, J. Bohatier; J.O. Corliss, G. Deroux, P. Didier; J. Dragesco, G. Fryd-Versavel, J. Grain, C.-A. Grolière, R. Hovasse, F. Iftode, M. Laval, M. Rogue, A. Savoie, e M. Tuffrau. (1974). Proposition d'une classification du phylum Ciliophora Doflein, 1901. Comptes Rendus de l'Académie de Sciences, Paris 278: 2799-2802.