Saltar ao contido

Colorado Rapids

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Colorado Rapids
NomeColorado Rapids
Alcume(s)Rapids
Fundación1995
EstadioDick's Sporting Goods Park
Commerce City, Colorado
Estados Unidos
Inauguración2007 [1]
Capacidade18,000
PropietarioStan Kroenke
Adestrador Pablo Mastroeni
LigaMajor League Soccer
2015Oeste: 10º
Global: 19º
Playoffs: Non clasificado
Na rede
http://www.coloradorapids.com/
Facebook: coloradorapids Twitter: coloradorapids Instagram: coloradorapids Youtube: UCJCvuIrw1gAfQnTJRLGrPDQ Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo

O Colorado Rapids é un club de fútbol profesional que xoga na Major League Soccer. É o equipo da cidade de Denver, no estado de Colorado, polo que xoga na Conferencia Oeste. Foi un dos dez equipos que xogaron a tempada inaugural da MLS en 1996. O seu único título oficial foi no ano 2010, cando gañou a MLS Cup

As cores iniciais do equipo eran o verde e o branco, no ano 2003 cambiáronse as cores ó azul e branco. No ano 2007 os Rapids volveron cambiar de cores, esta vez ó azul e granate.[2]

A franquía comezou a súa andaina pola MLS o 13 de abril de 1996 contra o Kansas City Wizards caendo por tres goles a cero. Tras perder nove dos seus últimos encontros, os Rapids acabaron quintos na Conferencia Oeste.[3] No ano 1997 tras un gran número de fichaxes o equipo rematou cuarto na fase regular. Tras eliminar o Kansas City Wizards e ó FC Dallas, a franquía chegou á súa primeira final da MLS Cup. Foi fronte o campión do ano anterior, o D.C. United, pero o equipo de Denver non conseguiu vencelos e o D.C. United gañaba a súa segunda MLS Cup consecutiva. Tras tres anos caendo na primeira rolda das eliminatorias, no ano 2001 o equipo non conseguiu clasificarse para os playoffs con só cinco vitorias na tempada regular.[4]

Anos de cambios

[editar | editar a fonte]

No ano 2003, o club cambiou as súas cores de identidade, do verde coma cor principal os de Colorado pasáronse a vestir con raias verdes e azuis.[5] A pesar das novas cores o equipo foi eliminado nas semifinais de conferencia. Resultado que repetiron na seguinte tempada. No ano 2005 chegaron á final da conferencia Oeste, pero caeron derrotados polo Los Angeles Galaxy por dous goles a cero.[6] A seguinte tempada volveron a caer na mesma rolda pero desta vez foi fronte ó Houston Dynamo por tres goles a un.[4]

O ano 2007 foi un ano de cambios, o Colorado Rapids mudouse ó Dick's Sporting Goods Park na área metropolitana de Denver. O equipamento e o escudo tamén sufriron cambios, ámbolos dous de cor granate con toques azuis. Con todos estes cambios o equipo non conseguiu clasificarse ás eliminatorias por sexta vez na súa historia.[7] E os Rapids non conseguiron de novo unha praza nos playoffs ata o ano 2010 no que sorprendentemente avanzaron ata a final deixando polo camiño ó Columbus Crew e ó San Jose Earthquakes. A final da MLS Cup foi contra o FC Dallas, o equipo de Denver tivo que sobrepoñerse ó gol inicial dos de Texas cun gol de Conor Casey que levou o partido á prórroga, na que no minuto 107 o defensa George John marcou un autogol que deulle a vitoria ós Rapids en Toronto.[8]

Malas tempadas tras o título

[editar | editar a fonte]

Tras gañar o seu primeiro título na súa historia, a tempada do ano 2011 prometía ser emocionante, pero non lograron pasar das semifinais de conferencia fronte ó Sporting Kansas City. O ano seguinte quedaron fora da fase das eliminatorias. No ano 2013 os Rapids lograron unha praza para a "ronda do k.o." que lles daría a posibilidade de xogar as eliminatorias, pero perderon por dous goles a cero contra ó Seattle Sounders.[9] O 2014 foi un dos peores anos na historia do equipo quedando penúltimos na conferencia Oeste. A seguinte tempada non foi mellor, os de Denver remataron na última posición da conferencia e só mellor que o Chicago Fire na táboa xeral.[10]

Posto País Xogador
1 POR Irwin Clinton
3 DEF Drew Moor
4 DEF Marc Burch
5 DEF Mekeil Williams
6 MED Sam Cronin
7 DEL Uruguai Vicente Sánchez
8 MED Dillon Powers
9 DEL Kevin Doyle
10 MED Marco Pappa
11 DEL Suíza Shkëlzen Gashi
12 POR John Berner
14 DEL Senegal Dominique Badji
Posto País Xogador
16 MED Zach Pfeffer
17 MED Dillon Serna
18 POR Zac MacMath
20 DEF Joseph Greenspan
21 DEL Luis Solignac
22 MED Micheal Azira
23 DEF Bobby Burling
24 DEF Inglaterra Sean St. Ledger
29 DEL Caleb Calvert
33 DEF Jared Watts
44 DEF Axel Sjöberg
94 MED Marlon Hairston
  • MLS Cup: 2010

Individuais

[editar | editar a fonte]

Os principais récords individuais son os seguintes:[13]

Asistencia [14]

[editar | editar a fonte]

As cifras de asistencia por temporada foron as seguintes:[15]

Tempada Total Media Récord
1996163.41310.21321.711
1997189.35511.83536.252
1998236.99514.81246.722
1999224.45914.02951.025
2000201.28112.58053.126
2001214.24916.48160.500
2002289.62220.68761.202
2003251.57816.77260.142
2004212.92514.19541.979
2005218.20613.63841.987
2006192.89412.05639.205
2007221.22914.74918.458
2008204.88413.65918.776
2009184.96312.33119.680
2010199.92913.32918.363
2011252.24814.83818.277
2012257.97215.17519.152
2013263.47915.49918.359
2014256.20615.07118.432
2015266.16815.65718.597
2016 276.721 16.278 18.759
2017 260.476 15.322 17.648
2018 260.660 15.333 17.837

Galería de honor

[editar | editar a fonte]

A galería de honor do club[16] foi establecida en 2003 para homenaxear os xogadores máis destacados que estiveron nas filas do Rapids.

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2016. Consultado o 14 de febreiro de 2016.
  2. "Stadium". coloradorapids.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03-04-2020. Consultado o 28-11-2019.
  3. "1996 Season in Review". coloradorapids.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28-11-2019. Consultado o 28-11-2019.
  4. 1 2 "2001 Season in Review". coloradorapids.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28-11-2019. Consultado o 28-11-2019.
  5. "2003 Season in Review". coloradorapids.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28-11-2019. Consultado o 28-11-2019.
  6. "2005 Seasons in Review". coloradorapids.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28-11-2019. Consultado o 28-11-2019.
  7. "2007 Season in Review". coloradorapids.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28-11-2019. Consultado o 28-11-2019.
  8. Thomas, Nick (14-12-2010). "2010 in Review: Rapids offseason checklist". coloradorapids.com (en inglés). Consultado o 28-11-2019.
  9. Bianchi, Chris (16-12-2013). "2013 in Review: Young Colorado Rapids surprise with run to playoffs, but still work to be done". coloradorapids.com (en inglés). Consultado o 28-11-2019.
  10. "Pablo Mastroeni Interview October 25, 2015". coloradorapids.com (en inglés). 26-10-2015. Consultado o 28-11-2019.
  11. "Lista". coloradorapids.com. Consultado o 28-11-2019.
  12. "Colorado Rapids". mismarcadores.com (en castelán). Consultado o 28-11-2019.
  13. "ALL-TIME INDIVIDUAL LEADERS". coloradorapids.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28-11-2019. Consultado o 28-11-2019.
  14. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2016. Consultado o 14 de febreiro de 2016.
  15. "HOME ATTENDANCE". coloradorapids.com (en inglés). 11-3-2019. Arquivado dende o orixinal o 28-11-2019.
  16. "Gallery of Honor". coloradorapids.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15-11-2019. Consultado o 28-11-2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]