Cocorico (serie de televisión)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cocorico
FormatoInfantil, animación
Desenvolvido porOQO filmes
Dirixido porZé Carlos Pinto
Tema de aperturaCarlos Vázquez
País de orixeGalicia Galicia
Lingua(s)Galego
Episodios52[1]
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Marcos Gabriel López
Duración13 minutos[1]
DistribuidorTVG
Emisión orixinal
Canle de orixeTVG
Primeiro episodio12 de maio de 2014
Derradeiro episodiopresente
Na rede
http://www.crtvg.es/infantil/programas/cocorico
editar datos en Wikidata ]

Cocorico é unha serie de televisión galega que é emitida a través do espazo xuvenil Xabarín Club da TVG. A serie está dirixida por Zé Carlos Pinto, con guión de Luís L. Alonso. Está baseada no libro infantil Cocorico de Marisa Núñez e Helga Bansch, que é unha adaptación libre dun conto tradicional birmano que trata sobre a necesidade de escoitar os bos consellos, a importancia de cumprir as promesas e a dificultade que supón aprender a compartir.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Cocorico é un pitiño curioso, rebuldeiro, inocente e bo; algo testán e con ganas de aprender e probalo todo. Na compaña da súa panda: o porco Comechón, a ovella Vellocina, o rato Mus, o pato Cuá... vai vivir numerosas aventuras nas que non sempre será doado atopar o camiño axeitado a seguir; pero para iso, tamén vai contar coa axuda adulta de Mamá Galiña, Don Cadelo, o galo Crechas e a carteira Tartaruga, que tratarán de que Cocorico aprenda o que é a vida e estea seguro fronte as trampas, perigos e estrataxemas que os malvados Gato Pelado, raposa Vulpa e o gabián Voraz, crearán para poder papalo.

Personaxes[editar | editar a fonte]

O director de dobraxe é Monti Castiñeiras, con produción de Raquel Rodríguez Salamanca.

Actor de dobraxe Galicia Personaxe
Tere Santamaría Cocorico
Ana Maciñeiras Mamá Galiña
Xavier Perdiz Don Cadelo
Antón Rey Gato Pelado
Montse Davila Cina
Gáspar González Mus
Bea García Popó
Tacho González Comechón
Ana Lemos Vulpa/Cigu/Zancas/Cicconia
Alfonso Agra Voraz/Conde Bufo
Óscar Fernández Cuá
Matías Brea Crechas
Xermana Carballido Tartaruga
Luís Iglesia Guorri
Lucía Cid Tata/Mamá Cegoña

Episodios[editar | editar a fonte]

# Título galego Data de emisión
01 "Gato Pelado" 12 de maio do 2014
02 "Paquete" 13 de maio do 2014
03 "Son maior" 14 de maio do 2014
04 "Tartaruga" 15 de maio do 2014
05 "Cocorico e Crechas" 16 de maio do 2014
06 "Cocorico está enfermo" 28 de maio do 2014
07 "Piñas" 28 de maio do 2014
08 "Cigu" 28 de maio do 2014
09 "Bufo" 28 de maio do 2014
10 "Lucecús" 28 de maio do 2014
11 "Carteiro" 26 de maio do 2014
12 "Pitiño mollado" 27 de maio do 2014
13 "Mazás" 28 de maio do 2014
14 "Pantasma" 29 de maio do 2014
15 "Rescate!" 30 de maio do 2014
16 "Polos pelos" 2 de xuño do 2014
17 "Axuda" 3 de xuño do 2014
18 "Sorte" 4 de xuño do 2014
19 "Mentira" 5 de xuño do 2014
21 "Lúa" 9 de xuño do 2014
22 "Festa" 10 de xuño do 2014
23 "Merenda" 11 de xuño do 2014
24 "Cocorico danza" 12 de xuño do 2014
25 "Adeus Cigu" 13 de xuño do 2014
26 "Benvido" 16 de xuño do 2014
27 "A alianza"
28 "Cea á luz das candeas"
29 "A viaxe"
30 "Amigos?"
31 "Ben xuntiños"
32 "Cacheite"
33 "Cocorico e o díxome-díxome"
34 "O dilema"
35 "O misterio das cabazas"
36 "Monopatíns"
37 "O agasallo"
38 "O tesouro de Vellocina"
39 "O transistor"
40 "Onde está mamá?"
41 "Os mapas de don Cadelo"
42 "Perdidos"
43 "Que chegan as cegoñas!"
44 "Unha andaina con don Cadelo"
45 "A máquina dos desexos"
46 "A liorta"
47 "A infección"
48 "Xornada de descanso"
49 "A teima de Cocorico"
50 "A árbore máxica"
51 "Somnámbulo"
52 "Quedamos de pedra"

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 oqo.es (ed.). "Filmes de OQO". Consultado o 10 de novembro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]