Club Sal Lence

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Club Sal Lence
Fundación1984
PresidenteVíctor Siero

O Club Sal Lence de La Coruña de Fútbol Sala foi un club de futsal feminino da cidade de A Coruña, campión da Primeira División de Mulleres de fútbol sala e Copa da Raíña nos anos 90.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Foi fundado en 1984 por Víctor Siero no colexio Sal Lence do barrio coruñés dos Castros.[2] Formado por xogadoras coruñesas e dirixido por Manuel del Castillo, foi o primeiro club feminino que rexistrou o seu nome na lista da Real Federación Española de Fútbol.[3] Nos seus primeiros anos comezou a gañar competicións locais e rexionais, a partir de 1987 comezou a participar en torneos nacionais como a liga nacional e a copa antes de ser organizado pola RFEF. Logrou os seus maiores éxitos entre 1994 e 1996, onde conseguiu ser bicampión de liga e un dobrete cunha Copa de España feminina de fútbol sala.[3]

A partir de 1999, comeza o seu declive co descenso á liga rexional ata que desencadeou nunha fusión en 2005[4] -tras o descenso da liga rexional á provincial- co Viaxes Amarelle FSF, un equipo da localidade de Santa Comba. Trala fusión, o club perde o seu nome e Viajes Amarelle FSF cambia a súa sede á Coruña e xoga os seus partidos na cidade.[5]

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Subcampión da Copa de España das tempadas 1989-1990 e 1990-1991.
  • Campión da Copa de España da tempada 1991-1992.
  • Subcampión da liga Nacional División de honra das tempadas 1990-1991 e 1991-1992.
  • Campión da liga Nacional División de honra da tempada 1992-1993.
  • Campión da Copa Ibérica das tempadas 1993-1994 e 1995-1996.
  • Campión da Primeira División feminina de fútbol sala das tempadas 1994-1995 e 1995-1996.
  • Campión de Copa da Raíña de fútbol sala feminino da tempada 1995-1996.
  • Campión do trofeo internacional SuperBowl das tempadas 1996-1997 e 1997-1998.

Selección española[editar | editar a fonte]

Tres xogadoras do club - Ana Silva, Beatriz Seijas e María Varela - formaron parte da primeira selección española feminina de fútbol sala. Selección que xogou o seu primeiro partido o 29 de decembro de 1990 en Narón cunha vitoria por 4-1 contra Portugal.[6][7] Nuria e Celia Iglesias tamén foron internacionais.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Coruñesas y pioneras" (en castelán). Consultado o 2021-04-23. 
  2. EllasTambiénJuegan (2012-06-06). "El Sal-Lence, un palmarés envidiable en el cinco contra cinco". Consultado o 2021-04-23. 
  3. 3,0 3,1 "«El mejor equipo de la historia»" (en castelán). 2016-11-07. Consultado o 2021-04-23. 
  4. "Ellas son el deporte de élite coruñés" (en castelán). 2018-09-13. Consultado o 2021-04-23. 
  5. "Nuestro club" (en castelán). Consultado o 2021-04-23. 
  6. "Pioneras del fútbol sala femenino" (en castelán). 2021-03-07. Consultado o 2021-04-23. 
  7. "PIONERAS | Así nació la Selección Española Femenina de Fútbol Sala" (en castelán). 2021-03-08. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2021. Consultado o 2021-04-23.