Viaxes Amarelle FSF

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Viaxes Amarelle
NomeViaxes Amarelle Fútbol Sala Feminino
Fundación1997
EstadioPavillón Municipal do Barrio das Flores
PresidenteGalicia José María López-Pardo
AdestradorEspaña Piru
LigaPrimeira División
2022/2312º
VestimentaLegea
Na rede
http://www.amarellefsf.com/

O Viaxes Amarelle FSF é un club de fútbol sala feminino da cidade da Coruña, que milita na Primeira División. Fundado en 1997 en Santa Comba, trasladouse en 2005 á Coruña, tras fusionarse co histórico Sal Lence.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi fundado en 1997 en Santa Comba por Severino Amarelle, propietario dunha axencia de viaxes e persoa moi vencellada ao deporte do Xallas.[1] Formou un equipo integramente feminino para participar na liga masculina de Santa Comba e tras e unha boa primeira tempada pasou a xogar en competicións femininas.[2] Nos seguintes anos deuse forma aos equipos de base, mentres o primeiro equipo avanzaba da liga da Costa á liga provincial, conseguindo o ascenso á Liga Autonómica Galega en 2003, mesmo ano no que conquistaron a súa primeira Copa Galicia, con Ana Varela como adestradora.[3]

Na tempada 2005/06, a posibilidade de que desaparecese o histórico Sal Lence da Coruña e as dificultades do Viaxes Amarelle para xogar nunha pista en condicións, levaron a que ambos clubs decidisen a súa fusión.[2] O novo club continuou co nome do Viaxes Amarelle e con Severino Amarelle como presidente, pero pasou a xogar os seus partidos no Complexo Deportivo de San Diego da Coruña. Xogou na liga autonómica ata que na tempada 2009/10 disputou a primeira edición da Segunda División nacional. Na campaña 2011/12 conseguiu o título de liga, o que lle deu dereito a xogar a promoción de ascenso á Primeira División, onde as xogadoras laranxas tamén saíron triunfantes.[2]

Na tempada 2012/13 o equipo debutou na máxima categoría do fútbol sala feminino, con José Carlos Martín "Chipi" como adestrador, e conseguiu a permanencia nas dúas primeiras campañas, ata que acabou descendendo na terceira.[2] Pili Costa adestrou o conxunto coruñés durante os seguintes anos, conseguindo devolver o equipo á Primeira División en 2018, despois dunha promoción de ascenso contra o Almagro.[4] A continuación Pili Costa decidiu deixar o club para emprender outros proxectos,[2] sendo substituída por Jorge González Basanta, con quen o Amarelle viviu dous descensos a Segunda, seguidos por cadanseu ascenso a Primeira. Na súa quinta e última campaña á fronte do equipo, conseguiu finalmente permanecer en Primeira, ao rematar no 12ª posto da táboa.[5]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sentido adiós en Santa Comba a Severino Amarelle". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de setembro de 2021. Consultado o 9 de decembro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "O noso club". amarellefsf.com. Consultado o 9 de decembro de 2023. 
  3. "El Viajes Amarelle sénior conquista la Copa Galicia de fútbol sala femenina". La Voz de Galicia (en castelán) (Carballo ed.). 21 de maio de 2003. p. 16. 
  4. "El Amarelle es de Primera". DxT Campeón (en castelán). 17 de xuño de 2018. Consultado o 9 de decembro de 2023. 
  5. "Jorge Basanta deixa o Viaxes Amarelle tras cinco anos na Primeira División". Nós Diario. 14 de xullo de 2023. Consultado o 9 de decembro de 2023.