Bea Seijas
Bea Seijas | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Beatriz Seijas Couce | ||
Nacemento | 15 de marzo de 1974 | ||
Lugar de nacemento | Ferrol | ||
Posición | Á-peche | ||
Carreira xuvenil | |||
1983–1990 | Lago Gairesa | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1990–1998 | Sal Lence | ||
1998–2005 | CD Ourense | ||
2005–2019 | Ourense CF | ||
Selección nacional | |||
1990–2002 | España | 40 | |
1990–2017 | Galicia | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Beatriz Seijas Couce, nada en Ferrol o 15 de marzo de 1974, é unha ex xogadora de fútbol sala e adestradora galega. Xogaba de á-peche e tivo unha longa carreira desenvolvida en tres equipos, o Sal Lence, o CD Ourense e o Ourense CF, gañando tanto a liga de Primeira División como a Copa de España cos tres clubs. Retirouse aos 45 anos, acumulando no seu palmarés cinco ligas, seis Copas e dous galardóns como mellor xogadora de España.
Dende 2020 adestra a selección alevín feminina de Galicia.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou xogando ao fútbol sala no Lago Gairesa de Valdoviño, cando aínda non existían ligas femininas, polo que disputaban só encontros amigables.[1] En 1990 fichou polo Sal Lence do barrio dos Castros da Coruña.[2] Con este equipo gañou tres ligas de Primeira División (1992/93, 1994/95 e 1995/96), así como as Copas de España de 1992, 1995, 1996 e 1997.
En 1998 deixou o equipo xunto a Nuria Iglesias, trasladándose ambas a Ourense para xogar no CD Ourense. No seu primeiro ano gañou a liga e a Copa.[3] Cando o club desapareceu pasou a xogar no novo Ponte Ourense, co que ascendeu dende as categorías rexionais ata conquistar unha nova liga na tempada 2010/11. Continuou no club ourensán durante os seguintes oito anos, sumando ao seu palmarés a Copa de España de 2017. Retirouse aos 45 anos de idade, despois de xogar o seu último partido en xuño de 2019 fronte ao Burela Pescados Rubén.[4][5]
Tras a súa retirada formou parte do equipo técnico do Ourense Envialia e dende xaneiro de 2020 adestra a selección galega feminina alevín.[6]
Selección nacional[editar | editar a fonte]
Xogou coa selección española de fútbol sala dende a súa mesma creación en 1990. Foi a autora do primeiro gol da historia do equipo, no partido inaugural contra a selección galega en Carballo,[7] e ao día seguinte xogou tamén o primeiro encontro internacional contra a selección de Portugal no Pavillón da Gándara de Narón.[8] Disputou un total de 40 partidos coa selección.[4]
Xogou tamén na selección galega, da que foi capitá, e coa que conquistou cinco Campionatos de España de Seleccións Territoriais.[9][6]
Palmarés[editar | editar a fonte]
Sal Lence
- Primeira división de España (3): 1992/93, 1994/95 e 1995/96.
- Copa de España (4): 1992, 1995, 1996 e 1997.
CD Ourense
- Primeira división de España (1): 1998/99.
- Copa de España (1): 1999.
Ourense CF
- Primeira división de España (1): 2010/11.
- Copa de España (1): 2017.
- Supercopa de España (1): 2011.
Selección de Galicia
- Campionato de España de Seleccións Autonómicas (5): 1992, 1993, 1994 1995 e 1998.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Ron, Jorge (14 de xullo de 2017). "Bea Seijas, inagotable". La Región (en castelán). Consultado o 3 de maio de 2021.
- ↑ "Ricardo, ex-jugador del Chaston, podría alinearse en el Palacio de Riazor con el Marsanz". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de novembro de 1990. p. 57.
- ↑ "El gol imposible de la «abuela»". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de decembro de 2015. Consultado o 3 de maio de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 "Tras 28 temporadas, Bea Seijas pone punto final a una carrera excepcional" (en castelán). 28 de maio de 2019. Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2021. Consultado o 3 de maio de 2021.
- ↑ "Bea Seijas, del Ourense Envialia, anuncia su retirada del fútbol sala". La Región (en castelán). 28 de maio de 2019. Consultado o 3 de maio de 2021.
- ↑ 6,0 6,1 "Bea Seijas é a nova seleccionadora galega alevín feminina de fútbol sala". 10 de xaneiro de 2020. Consultado o 3 de maio de 2021.
- ↑ "La selección nacional femenina goleó a la gallega en el homenaje a Chus: 8-0". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de decembro de 1990. p. 52.
- ↑ "Sabes cantas galegas había na primeira Selección Española de fútbol sala?". 8 de marzo de 2021. Consultado o 23 de marzo de 2021.
- ↑ "Bea Seijas gañó con la selección gallega absoluta a Cataluña" (en castelán). 8 de marzo de 2017. Consultado o 3 de maio de 2021.