Club América
Club América | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Club América | |||
Alcume(s) | Águilas | |||
Fundación | 12 de outubro de 1916 | |||
Estadio | Estadio Azteca, México DF | |||
Inauguración | 29 de maio de 1966 | |||
Capacidade | 105.064 | |||
Presidente | Ricardo Peláez | |||
Adestrador | Miguel Herrera | |||
Liga | Primeira División | |||
Apertura 2011 | 17º | |||
Vestimenta | Nike | |||
Patrocinador | Coca-Cola, AT&T | |||
Na rede | ||||
http://www.clubamerica.com.mx/ | ||||
| ||||
O Club América é unha entidade deportiva de México cuxo equipo profesional de fútbol compite na Primeira División de México. Fundado o 12 de outubro de 1916 en Cidade de México, é un dos 2 únicos equipos que nunca descendeu de categoría no campionato ligueiro mexicano dende a creación deste torneo en 1943. Segundo varias enquisas levadas a cabo en México, o Club América é o club de fútbol mais popular do país.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Os mellores anos do club foron os transcorridos entre 1983 e 1992, unha década na cal o club gañou 5 ligas mexicanas e 3 ligas de campións entre outros títulos.
Títulos nacionais
[editar | editar a fonte]Con 10 títulos de liga, o América é o 2º equipo máis laureado do campionato, e está a un só título do CD Guadalajara, que ten 11. Con 10 tamén está o Cruz Azul.
- Primeira División de México (10) = 1965-66, 1970-71, 1975-76, 1983-84, 1984-85, PRODE 1985, 1987-88, 1988-89, Verán 2002, Clausura 2005
- Copa de México (6) = 1937-38, 1953-54, 1954-55, 1963-64, 1964-65, 1973-74
- Campión de Campións (5) = 1954-55, 1975-76, 1987-88, 1988-1989, 2005
Títulos continentais
[editar | editar a fonte]Os 5 títulos continentais do América na máxima competición fan deste equipo o máis laureado de Norteamérica.
- Liga de Campións da Concacaf (5) = 1977, 1987, 1990, 1992, 2006
- Copa Xigantes da Concacaf (1) = 2001
- Copa Interamericana (2) = 1978, 1991
Estadio
[editar | editar a fonte]O Club América xoga os seus encontros como local no Estadio Azteca de Cidade de México dende 1966. O recinto é propiedade da empresa de telecomunicacións Grupo Televisa, igual que o club. Cunha capacidade para 105.064 seareiros, é o estadio mais grande de América, e o 3º máis grande do mundo. Nel xogáronse a finais dos mundiais de fútbol de 1970 e 1986, así como o encontro de 1970 alcumado O partido do século que enfrontou a Alemaña e a Italia nas semifinais do mundial e que rematou cun 4-3 na prórroga, ou como o encontro de 1986 entre Inglaterra e Arxentina no cal Maradona marcou o chamado gol do século e a chamada man de Deus; entre outros moitos eventos, como a final olímpica de fútbol de 1968.
Xogadores
[editar | editar a fonte]Actualizado a 5 de xaneiro de 2018.[1][2]
|
|
Ó longo da historia do club, pasaron polas súas ringleiras xogadores como Hugo Sánchez, Carlos Hermosillo, Djalminha, Claudio López, Cuauhtémoc Blanco, Vavá ou Iván Zamorano.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Cadro de xogadores". Club América – Sitio oficial.
- ↑ "Squad". Liga MX.net.
- ↑ "Oribe Peralta, nuevo capitán de América". Diario Récord. Consultado o 10 January 2017.