Clínica (centro sanitario)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Clínica Mayo en Rochester.

Unha clínica[1] é unha institución (hospital, sanatorio, centro de saúde, ambulatorio, dispensario, etc.), xeralmente de xestión privada, onde se trata a doentes en forma ambulatoria ou ingresados.

Recibe o seu nome por extensión do termo clínica, referido á diagnose dunha persoa enferma.

Clínicas privadas[editar | editar a fonte]

Clínica Povisa de Vigo.

Moita clínicas privadas ofrecen diversos servizos vinculados á atención dos doentes. Nestas clínicas realízanse diagnósticos e tratamentos. Por estas características, numerosas clínicas poden compararse cos hospitais, sendo as primeiras, xeralmente, centros moi modernos con aparatos de alta complexidade, de última xeración, destinados ao diagnóstico e ulterior tratamento, cos avances da tecnoloxía dispoñíbeis no mercado.[2]

Un exemplo de clínica é a Clínica Mayo, fundada en 1889 na cidade estadounidense de Rochester, (Minnesota) e que conta con filiais en Phoenix e Scottsdale (ambas en Arizona) e Jacksonville (na Florida), ademais de acordos con outros establecementos de Wisconsin, Iowa e Minnesota.[2]

Un dos principais exemplos en Galicia é a clínica Povisa (acrónimo de Policlínico de Vigo), que é un centro médico privado concertado no centro urbano de Vigo que atende pacientes do sur da provincia de Pontevedra. Como centro privado que é, non pertence ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, senón que é propiedade do grupo Nosa Terra de Xosé Silveira.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para clínica.
  2. 2,0 2,1 Definición de clínica en Definicion.de (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]