Al-Mutawakkil
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | marzo de 822 Samarra, Iraq |
| Morte | 11 de decembro de 861 Samarra, Iraq |
| Causa da morte | homicidio, magnicidio |
| 10º Califa abbásida | |
| 10 de agosto de 847 – 10 de decembro de 861 ← Almotácime (pt) | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Islam |
| Actividade | |
| Ocupación | califa |
| Familia | |
| Familia | Abbásida |
| Parella | Faḍl al-Yamamiya Bunān Mahbuba Qabiha |
| Fillos | Al-Mu'ayyad ( Al-Muntasir ( Almuafaque ( Al-Mu'tamid ( Al-Mu'tazz ( |
| Pais | Almotácime |
| Irmáns | Aluatique Al-Musta'in |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Novo Dicionario Enciclopédico, 1911-1916 |

Al-Mutawakkil Ala Allah Jafar bin al-Mu'tasim, nado en marzo de 821 e finado en decembro de 861, foi o décimo califa abasí, que reinou o seu imperio dende Samarra entre os anos 847 e 861, sucedendo ó seu irmán Al-Wathiq.

Apaixonado polas grandes construcións arquitectónicas, converteu á cidade de Samarra nunha das máis monumentais da súa época, construíndo nela 20 palacios.
No tocante á política, arrebatoulle Sicilia ós bizantinos. Dentro dos territorios do califato amosouse tolerante durante os primeiros anos do seu goberno, pero mais adiante marxinou a xiítas, cristiáns e xudeus, mandando ademais destruír igrexas, sinagogas e o importante santuario xiíta de Husayn ibn Ali en Kerbala.
A pesar desas accións, o reinado de al-Mutawakkil recórdase polas súas numerosas reformas, e considérase a época dourada do califato abasí.
Al-Mutawakkil empregou escravos turcos para reprimir revoltas internas e defenderse das invasión externas, e finalmente morreu asasinado por un deses escravos turcos, sospéitase que inducido polo seu propio fillo Al-Muntasir, quen ocupou o trono trala súa morte dende o ano 861.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A Gran Mesquita de Samarra (en inglés)
- O decreto de 850 de al-Mutawakkil (en inglés)