Cidade satélite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Cidade satélite é unha designación usada para referirse a centros urbanos xurdidos nas aforas dunha cidade calquera, tipicamente para traer algún beneficio á cidade núcleo da zona.

No Brasil[editar | editar a fonte]

No Brasil, comunmente reciben a denominación de "cidades-satélites", os centros urbanos do Distrito Federal, excepto o Plano Piloto, por ser o núcleo da zona.

En Portugal[editar | editar a fonte]

No caso de Portugal, tal parece sobre todo nas áreas metropolitanas da Grande Lisboa e do Grande Porto; así, serían "cidades-satélites", no caso da primeira, cidades (e vilas de gran dimensión) como: Amadora, Agualva-Cacém, Queluz, Sintra, Cascais, Oeiras, Odivelas, Loures, Sacavém, Alverca, Vila Franca de Xira, Almada, Seixal, Corroios, Amora ou Barreiro.

No caso do Porto, Vila Nova de Gaia, Matosinhos, Gondomar, Maia ou Vila do Conde.