Ciberpunk (do inglés:cyberpunk) é un subxénero da ciencia ficción, coñecido por centrarse na "alta tecnoloxía e o baixo nivel de vida".[1] Así, toma o seu nome da combinación de cibernética e punk. Mestura ciencia avanzada, como as tecnoloxías da información e a cibernética, xunto con algún grao de desintegración ou cambio radical na orde social. De acordo con Lawrence Person:
Os personaxes do cyberpunk clásico son seres marxinados, afastados, solitarios, que viven á marxe da sociedade, xeralmente en futuros distópicos onde a vida diaria é impactada polo rápido cambio tecnolóxico, unha atmosfera de información computarizada ubicua e a modificación invasiva do corpo humano.
Michaud, Thomas (2008). "Science fiction and politics: Cyberpunk science fiction as political philosophy". En Hassler, Donald M. New Boundaries in Political Science Fiction(en inglés). University of South Carolina Press. pp.65–77. ISBN978-1-57003-736-8.