Ciara
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Ciara Princess Harris 25 de outubro de 1985 Fort Cavazos |
| Outros nomes | CiCi |
| Educación | Riverdale High School (en) North Clayton High School (en) Escola de Negocios Harvard |
| Actividade | |
| Ocupación | cantante, bailarina, compositora de cancións, actriz |
| Período de actividade | 2001 |
| Xénero artístico | R&B contemporáneo e música pop |
| Tesitura | Soprano e mezzosoprano |
| Instrumento | Voz |
| Selo discográfico | Uptown Records Epic Records Jive Alternative Distribution Alliance (en) Republic Records LaFace Records |
| Familia | |
| Cónxuxe | Russell Wilson (2016–) |
| Parella | Future (2013–2014) Bow Wow (2004–2006) |
| Sitio web | officialciara.com |

Ciara Princess Harris, nada o 25 de outubro de 1985 en Austin, é unha cantante estadounidense profesionalmente coñecida como Ciara.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ciara fixo o seu debut musical no verán de 2004 co sinxelo "Goodies" que foi número un do Billboard. O álbum de igual título saíu o 28 de setembro de 2004 nos Estados Unidos, metendo outros tres sinxelos no Billboard, vendendo tres millóns de discos nos Estados Unidos e cinco en todo o mundo. O seu segundo álbum, Ciara: The Evolution, lanzouse en decembro de 2006, o álbum vendeu máis dun millón nos Estados Unidos e tres internacionalmente, o sinxelo "Get Up" foi número 7 do Billboard Hot 100 e "Promise", "Like a Boy" e "Can't Leave 'em Alone" estiveron entre os primeiros das listas de Rhythm and blues. O terceiro álbum de estudio, Fantasy Ride apareceu o 5 de maio de 2009, o primeiro sinxelo oficial foi "Never Ever" co rapeiro Young Jeezy apareceu en xaneiro de 2009, o segundo foi un éxito internacional, "Love Sex Magic" con Justin Timberlake, publicado en marzo de 2009, o terceiro sinxelo, "Like a Surgeon" e o cuarto "Work" apareceron os dous en xullo de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ciara |