Chus Martínez
(2015) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1972 Ponteceso, España |
| Educación | Bard College - curatorial studies (en) Universidade Autónoma de Barcelona Universidade Columbia |
| Actividade | |
| Ocupación | historiador da arte, escritora, filósofa, comisaria de arte |
| Participou en | |
| Tabakalera |
|
Chus Martínez Pérez, nada en Ponteceso en 1972,[1] é unha comisaria galega de arte, e directora do Institute of Arte do FHNW Academy of Arte and Design de Basilea (Suíza).[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Filosofía e Historia da arte. Anteriormente foi conservadora xefe no Museo do Barrio de Nova York, xefa de departamento e membro do Core Agent Group en dOCUMENTA(13), conservadora xefe do MACBA (2008-11), directora da Frankfurter Kunstverein (2005-08) e directora artística de Sala Rekalde de Bilbao (2002-05).[3] Participou na Bienal de Venecia do 2005 e foi asesora curatorial do Carnegie International e da 29a Bienal de São Paulo.
Paralelamente, foi comisaria en numerosas exposicións durante o seu paso pola Frankfurter Kunstverein e o MACBA, e tamén noutras institucións, como o Museo de Arte Raíña Sofía de Madrid. Chus Martínez imparte conferencias, escribe regularmente ensaios críticos en catálogos e é colaboradora habitual de Artforum, entre outras revistas de arte internacionais.[4][5]
En 2025 foi Premio da Crítica de Galicia en Artes Plásticas.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rial, S. G.; Palmou, Á (18-12-2013). "A pontecesá Chus Martínez deixa o museo de Nova York". La Voz de Galicia. Consultado o 07 de marzo de 2025.
- ↑ "El auge y auge de Chus Martínez", artigo de Roberta Bosco en El País, 20 de xaneiro de 2014 (consulta 6 de marzo de 2017)
- ↑ "Chus Martínez, comisaria jefe del Museo del Barrio de Nueva York", artigo de Roberta Bosco en El País, 21 de outubro de 2012 (consulta 6 de marzo de 2017).
- ↑ Sota Setge. Mariam Ghani i Omer Fast. Centre de Cultura Contemporània de Barcelona septiembre-octubre 2014 Consulta 6 de marzo de 2017
- ↑ Chus Martínez Centre de Cultura Contemporània de Barcelona Consulta 4 de abril del 2016
- ↑ Mato, Mar (2025-10-18). "Dez galardóns brillan en Vigo nos Premios da Crítica de Galicia". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2025-10-18.