Chuck Feeney

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaChuck Feeney
Biografía
Nacemento(en) Charles Francis Feeney Editar o valor em Wikidata
23 de abril de 1931 Editar o valor em Wikidata
Elizabeth, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Desaparición
Morte9 de outubro de 2023 Editar o valor em Wikidata (92 anos)
San Francisco, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América
Irlanda Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Cornell (–1956)
Cornell University School of Hotel Administration (en) Traducir
St. Mary of the Assumption High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoComércio (pt) Traducir e negocio Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónempresario , filántropo , comerciante Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Feeney-736

Charles Francis Feeney, coñecido tamén como 'Chuck' Feeny nado en Elizabeth, Nova Jersey, o 23 de abril de 1931[1] e finado en San Francisco o 9 de outubro de 2023,[2] foi un empresario e filántropo irlandés-estadounidense. É o fundador de The Atlantic Philanthropies, unha das maiores fundacións privadas do mundo, e da súa filial General Atlantic.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Feeney fixo fortuna como cofundador do Duty Free Shoppers Group, que foi pioneiro na idea das compras duty-free. Doou boa parte da súa fortuna en segredo durante moitos anos, até que unha disputa comercial resultou na súa identidade revelada en 1997.[3] Ao longo da súa vida, Feeney ten doado máis de 8.000 millóns de dólares, mais do 99% da súa fortuna.[4] Para iso fundou en 1982 a Atlantic Philantropies, fundación instrumental para apoiar causas a favor da vellez, da infancia e xuventude, a saúde pública e dereitos civís, e a proxectos vinculados coa esquerda política.

Feeney era coñecido pola súa frugalidade, vivindo nun apartamento alugado, sen coche nin casa e voando en clase económica.[5]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Feeney foi chamado o "James Bond da filantropía" pola revista Forbes pola forma discreta e exitosa na que doou anonimamente aproximadamente 8.000 millóns de dólares a varias institucións benéficas.[1] En 1997, Time dixo que "a beneficencia de Feeney xa está entre as máis grandes de calquera estadounidense vivo".[6]

Malia evitar a publicidade, colaborou na súa biografía de 2007 titulada The Billionaire Who Wasn't: How Chuck Feeney Made and Gave Away a Fortune Without One Knowing. Feeney tamén é obxecto dun documental irlandés da RTÉ titulado Secret Billionaire: The Chuck Feeney Story.

En 2010 recibiu o premio Cornell Icon of Industry.[7] En 2012, todas as universidades de Irlanda do Norte e do Sur outorgáronlle conxuntamente un doutoramento honoris causa en Dereito. Ese mesmo ano, tamén recibiu a Medalla da UCSF por contribucións persoais destacadas á misión de saúde da University of California, en San Francisco.[8] En 2014, Warren Buffett dixo de Feeney: "é o meu heroe e o heroe de Bill Gates. Debería ser o heroe de todos".[9] No 160º aniversario da creación de Queensland, o 6 de xuño de 2019, Feeney recibiu un premio en homenaxe polas súas contribucións ao desenvolvemento dese Estado.[10]

En decembro de 2020, a Universidade de Cornell anunciou que cambiaría o nome de East Avenue, unha rúa que atravesa o centro do campus e que está ao lado da súa alma máter, a Escola de Administración da Universidade de Cornell, "Feeney Way", para homenaxealo polas súas contribucións á universidade.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Dwyer, Jim (2007-09-26). "Out of Sight, Till Now, and Giving Away Billions". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2022-02-06. 
  2. "Chuck Feeney: Entrepreneur and philanthropist dies" (en inglés). 2023-10-09. Consultado o 2023-12-12. 
  3. Miller, Judith (1997-01-23). "He Gave Away $600 Million, and No One Knew". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2022-02-06. 
  4. Dwyer, Jim (2017-01-05). "‘James Bond of Philanthropy’ Gives Away the Last of His Fortune". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2022-02-06. 
  5. Taoiseach launches Chuck Feeney Biography at Trinity College Dublin (en inglés)
  6. "Chuck Feeney’s Story – Intro". The Atlantic Philanthropies (en inglés). Consultado o 2022-11-24. 
  7. "NYC-awards-dinner-honor-hotel-industry-icons". news.cornell.edu. 
  8. "Four Successful Innovators Earn UCSF's Highest Honor ; UC San Francisco". www.ucsf.edu (en inglés). Consultado o 2022-11-24. 
  9. "Warren Buffett names Irish American Chuck Feeney as his hero". IrishCentral.com (en inglés). 2014-06-19. Consultado o 2022-11-24. 
  10. "Media Statements". Ministerial Media Statements (en inglés). Consultado o 2022-11-24. 
  11. "Cornell’s East Avenue to be renamed ‘Feeney Way’". Cornell Chronicle (en inglés). Consultado o 2022-11-24. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]