É un grupo de bacterias fotosintéticas descuberto en 2007. A súa identificación ampliou de cinco a seis o número de filos bacterianos que poden realizar unha fotosíntese baseada na clorofila.[3][4]
O organimso "Candidatus Chloracidobacterium thermophilum" foi detectado inicialmente por análises bioinformáticos de secuencias metaxenómicas obtidas de tapetes microbianos recollidos dunha fonte termal do Parque Nacional de Yellowstone, EUA.[5] Foi despois illado tras a inhibición das especies de Synechococcus nas mostras de tapetes microbianos, permitindo un cocultivo de C. thermophilum, Anoxybacillus sp. e Meiothermus sp. Despois, C. thermophilum foi cultivado en Midnight Medium (CTM) para conseguir un illamento puro. Unha secuenciación xenómica da bacteria revelou que non contiña xenes para encimas redutores de sulfato, aínda que era dependente dunha fonte de sulfato reducida. Especulouse que o organismo establecía unha relación mutualista cos cocultivos de Meiothermus sp. e Anoxybacillus sp. para poder así acceder a fontes de xofre reducido. Ademais, determinouse que era unha bacteria aerófila, moderadaemnte termófila, anoxixénca e fotoheterótrofa. ë dependente dunha fonte de xofre reducido, bicarbonato, L-lisina e vitamina B12 para illala en cultivo.[5]
↑Dedysh SN, Yilmaz P. (2018). "Refining the taxonomic structure of the phylum Acidobacteria". Int J Syst Evol Microbiol68: 3796–3806. PMID30325293. doi:10.1099/ijsem.0.003062.
↑Dedysh SN, Yilmaz P (2018). "Refining the taxonomic structure of the phylum Acidobacteria". Int J Syst Evol Microbiol68: 3796–3806. PMID30325293. doi:10.1099/ijsem.0.003062.