Saltar ao contido

Volvocales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Chlamydomonadales»)

Volvocales, tamén chamado Chlamydomonadales, é unha orde de algas verdes flaxeladas ou pseudociliadas.[1] As especies de Volvocales son coloniais e poden formar colonias planas ou esféricas. Estas colonias varían en tamaño desde as pequenas de Gonium (de 4 a 32 células) ás de Volvox (de miles de células). Cada célula ten dous flaxelos, e é xeralmente similar en aspecto a unha célula de Chlamydomonas.

Realizan reprodución sexual e asexual. Na primeira, as células divídense ata formar novas colonias, que despois se liberan. Nas formas máis pequenas o normal é que todas as células estean implicadas na reprodución, pero nas formas maiores teñen células anteriores vexetativas e posteriores reprodutivas. A reprodución sexual varía desde a isogamia (ambos os xéneros producen gametos flaxelados de igual tamaño) á oogamia (un xénero produce gametos máis grandes e non mótiles).

A clasificación das Volvocales estivo suxeita a variacións. A miúdo inclúense nelas como subordes as especies das ordes Chlamydomonadales e Dunallielales, que conteñen flaxelados unicelulares relacionados, e que se clasifican á parte noutras clasificacións.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Referencias científicas
Bases de datos científicas