Eudorina
Eudorina | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Eudorina elegans | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
especies | |||||||||||||||
Eudorina é un xénero de algas verdes coloniais da familia Volvocaceae.[1] As colonias de Eudorina constan de 16, 32 ou 64 células agrupadas. Cada uha das células contén flaxelos (ás veces referidos como cilios) que lle permiten á colonia moverse como un todo cando as células baten os flaxelos á vez. Unha descrición do xénero feita por G. M. Smith é a seguinte:[2]
Eudorina Ehrenberg 1832.
As colonias son sempre móbiles, esféricas ou lixeiramente alongadas, de 16-32-64 células situadas a certa distancia unhas doutras e dispostas formando unha esfera oca preto da parte periférica da envoltura xelatinosa hialina e homoxénea. Células esféricas, con ou sen un pico no punto de orixe dos dous cilios. Cilios paralelos ao seu paso pola envoltura da colonia, pero despois moi diverxentes. Cloroplasto único con forma de copa, que enche practicamente toda a célula e xeralmente con varios pirenoides. Células cunha parede firme, un ou dous vacúolos anteriores contráctiles, e unha soa mancha ocular conspicua preto da base dos cilios.
Reprodución asexual por división simultánea de todas as células para formar autocolonias que son liberadas por rotura da envoltura colonial.
Reprodución sexual heterógama, dioecia, na que todas as células da colonia se desenvolven en grandes oosferas inmóbiles ou masas con forma de prato de 32-64 anterozoides fusiformes; ou monoecia, na que catro células forman anterozoides e as restantes oosferas. Cigoto de parede fina.
Eudorina pode confundirse con colonias novas de Pleodorina, que son moi similares.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ver o NCBI webpage on Eudorina. Datos extraídos de "NCBI taxonomy resources". National Center for Biotechnology Information. Consultado o 28-10-2014.
- ↑ 2,0 2,1 Smith, GM. Phytoplankton of Inland Lakes of Wisconsin, Part I, Wisconsin Geological and Natural History Survey, Madison, WI. (1920). Páxina 95.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Nozaki H, Onishi K, Morita E (2002). "Differences in pyrenoid morphology are correlated with differences in the rbcL genes of members of the Chloromonas lineage (Volvocales, Chlorophyceae)". J Mol Evol. 55 (4): 414–430. PMID 12355262. doi:10.1007/s00239-002-2338-9.
- Yamada, T.Y, Miyaja,K. and Nisayoshi, N. 2008. A taxonomic study of Eudorina unicocca (Volvocaceae, Chlorophyceae) and related species, based on morphology and molecular phylogeny. Eur. L.Phycol. 43: 317 - 326.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Eudorina - Descrición con imaxes
- Referencias científicas
- Referencias de PubMed para Eudorina.
- Referencias de PubMed Central para Eudorina.
- Referencias de Google Scholar para Eudorina.
- Bases de datos científicas