Chesús Bernal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chesús Bernal
Nacemento8 de xaneiro de 1960
Lugar de nacementoValtorres
Falecemento22 de marzo de 2019
Lugar de falecementoZaragoza
Causacancro de páncreas
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Zaragoza
Ocupaciónpolítico e profesor universitario
CónxuxeElena Bandrés Goldáraz
FillosChaime Bernal Bandrés, Iguázel Bernal Bandrés e Guillén Bernal Bandrés
Na rede
Dialnet: 113376
editar datos en Wikidata ]

Chesús Gregorio Bernal Bernal, nado en Valtorres, Zaragoza o 8 de xaneiro de 1960 e finado en Zaragoza o 22 de marzo de 2019, foi un político aragonés de ideoloxía nacionalista aragonesa progresista. Fundador de Chunta Aragonesista (CHA), na que desempeñou cargos de representación pública institucional e de dirección orgánica tanto dentro como fóra de Aragón.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Chesús Bernal naceu na localidade de Valtorres, na provincia de Zaragoza. Doutor en Filoloxía Románica, foi profesor titular da Universidade de Zaragoza. Tamén foi autor de publicacións especializadas sobre cuestións literarias, filolóxicas, lingüísticas e socioculturais, da que cómpre salientar o Diccionario aragonés (Rolde, 1999) xunto a Francho Nagore. Foi membro do Rolde de Estudios Aragoneses (REA) e do Consello d'a Fabla Aragonesa (CFA).

Foi Secretario Xeral de Chunta Aragonesista (CHA), dende a súa fundación en 1986 até 1998. Dende entón e até 2012 exerceu como Secretario de Política Institucional e como Vicesecretario Xeral de CHA.

Foi deputado nas Cortes de Aragón por Zaragoza entre a IV e a VII Lexislatura (1995-2011), sendo o voceiro do seu Grupo Parlamentario durante devanditas lexislaturas.

En xaneiro de 2018, foi nomeado director dos Cursos Extraordinarios da Universidade de Zaragoza.

O 22 de marzo de 2019, faleceu en Zaragoza debido a un cancro de páncreas.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Periódico (22 de marzo de 2019). "Un cáncer se lleva a Chesús Bernal a los 59 años". Consultado o 22 de marzo de 2019. 
  2. "Muere Chesús Bernal, político y uno de los fundadores de CHA, a los 59 años.". 22 de marzo de 2019. Consultado o 22 de marzo de 2019. Chesús Gregorio Bernal Bernal (Valtorres, 1960-Zaragoza, 2019) 
  3. "Fallece Chesús Bernal, fundador de CHA y referente aragonesista". El Periódico de Aragón. 23 de marzo de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]