José María Urquiola Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Chema Urquiola")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José María Urquiola Iglesias
AlcumeChema Urquiola, Pepe e Tino
Nacemento1906
 Mieres
Falecemento25 de novembro de 1979
 Oviedo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistência
editar datos en Wikidata ]

José María Urquiola Iglesias, Chema ou Pepe ou Tino, nado en Mieres en 1906 e finado en Oviedo o 25 de novembro de 1979, foi un guerrilleiro antifranquista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militante do PCE. En xuño de 1943 foi o encargado de solicitar aos guerrilleiros da Federación de Guerrillas de León-Galicia reunidos en Ferradillo a súa incorporación á Unión Nacional, que nun principio foi rexeitada. Pero en setembro, no III Congreso da Federación, esta adheriuse. Foi o encargado de reconstituír os comités provinciais do PCE. En 1944 foi procesado con Antonio Paleo Saavedra, Severino González Guitián e outros no sumario 390/44 do Xulgado Militar Especial de Oviedo por un delito contra a Lei de Seguridade do Estado.[1]

Foi detido o 7 de xaneiro de 1945 en Ourense, e como consecuencia caeron 79 persoas na provincia de Lugo e en Ferrol, o que provocou unha desfeita no Partido Comunista. Fuxiu cando era trasladado a Madrid, pero foi novamente detido na capital do Estado en 1945, xulgado e condenado a trinta anos de prisión.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Boletín Oficial da Provincia de Oviedo, 20-1-1945, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]