Antonio Paleo Saavedra
Antonio Paleo Saavedra | |
---|---|
Nacemento | 10 de maio de 1919 |
O Seixo, Franza, Mugardos | |
Falecemento | 2004 |
Héricourt | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | membro da resistencia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Antonio Paleo Saavedra, nado no Seixo (Mugardos) o 10 de maio de 1919 e finado en Hericourt en 2004, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Mariñeiro en San Cibrao. Foi un dos fundadores da UGT en Cervo. Repartiu propaganda do PCE desde Oviedo, e despois encargouse de descargar armas nalgúns portos estratéxicos para a resistencia contra o fascismo. En 1944 foi procesado con José María Urquiola Iglesias, Severino González Guitián e outros no sumario 390/44 do Xulgado Militar Especial de Oviedo por un delito contra a Lei de Seguridade do Estado.[1] Estivo refuxiado en Vigo con nome falso. Botouse ao monte e foi detido e estivo preso no castelo de San Felipe de Ferrol. Foi enlace entre o grupo de José Neira Fernández e os outros grupos da comarca do Eume. Mostrouse sempre oposto ao control comunista da guerrilla. Foi o organizador da evasión do Santa Teresa, a fuxida dun grupo de guerrilleiros vinculados ao PCE que operaban no norte de Lugo e na comarca do Eume, que na madrugada do 12 ao 13 de decembro de 1946 embarcaron a bordo do "Santa Teresa" na praia da Abrela, no Vicedo e chegaron a Baiona o 20 de decembro. En Francia afiliouse ao PCE e militou no PCF.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Boletín Oficial da Provincia de Oviedo, 20-1-1945, p. 2.