Saltar ao contido

Che Sudaka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Che Sudaka
Imaxe
 Instancia de
Datas
 Fundación / creación
2002 Editar o valor en Wikidata
 Inicio de actividade
2002 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de formación
Identificadores
VIAF129414179 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000469756957 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01r6_z1 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: chesudaka Twitter: chesudaka MySpace: chesudakastyle Musicbrainz: 837ffb60-6423-4427-b570-bff5d0fe15b9 Songkick: 447518 Discogs: 1589130 Allmusic: mn0001634346 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Che Sudaka é unha banda de rock alternativo formada por músicos da Arxentina e de Colombia. Eles definen o seu estilo como punk reggae party no que ademais introducen outros ritmos como o hip hop, o ska e mesmo a cumbia.

Orixe do nome

[editar | editar a fonte]

O nome Che Sudaka é a unión de dúas palabras: "che" (en mapundungun, a lingua dos mapuches) que significa "xente" e "sudaka" que é a forma pexorativa que se usa en España para referirse á xente que provén de América do Sur. A unión das dúas palabras, entón, forma xente de América do Sur. A banda explica que escolleron ese nome de forma irónica porque rirse deles mesmos converte a discriminación nun acto estúpido de quen o practica.

A banda formouse a principios da década do 2000 en Barcelona por un grupo de inmigrantes ilegais que tocaban a súa música na rúa como forma de gañarse a vida e que chegaran á cidade seguindo o ronsel de Manu Chao, unha das influencias máis fortes da formación.[1][2]

En marzo do 2012 a banda fixo 10 anos nos escenarios durante os cales levaron a cabo preto dun milleiro de concertos.[3] Coroaron a década de vida participando, en xullo do mesmo ano, do Fuji Rock, no Xapón, xunto a artistas tales como The Specials e Toots and the Maytals.[4]

En febreiro do 2016, a un mes de celebrar os seus 14 anos na ruta, chegaron ao seu concerto número 1300 cun show en Niceto Club, Buenos Aires, Arxentina.[5]

En novembro de 2017 lanzan "Almas rebeldes", novo disco de estudo con tres temas novos e versións dalgúns clásicos da banda. Contan coas colaboracións de Manu Chao, Amparo Sánchez, Dr. Ring-Ding e Capricornio Man (El Gran Silencio), entre outros. Xunto a Manu Chao gravan o vídeo de "La Risa Bonita".[6][7]

Discografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Discográfica
2003 Trippie Town K Industria
2005 Trippie Town (Reedición) K Industria
2005 Alerta Bihotza K Industria
2007 Mirando el Mundo al revés K Industria
2009 Tudo é possible Cavernicola + Kasba Music
2010 Cavernícola Recording VOL.1 (Non oficial) Cavernícola Marcas
2012 10 Cavernícola Marcas
2013 1111 LIVES Cavernícola Réecords
2014 Hoy Cavernícola Marcas
2017 Almas Rebeldes Cavernícola Marcas
  1. laopiniondegranada.es Che Sudaka demuestra que ‘Tudo é possible’ publicado o 5 novembro de 2009
  2. diaridetarragona.com El mestizaje toma El Cau con la visita de Che Sudaka y su ‘Tudo é possible’ publicado o 19 de novembro de 2009
  3. mondosonoro.com Hábitat natural Arquivado 26 de xuño de 2015 en Wayback Machine. publicado o 23 de febreiro do 2012
  4. "CHE SUDAKA live at Fuji Rock 2012 (Japan)".
  5. "El cuarteto argentino-colombiano 'Che Sudaka' regresa a Buenos Aires". Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2018. Consultado o 27 de xuño de 2018.
  6. "LA RISA BONITA!!! Manu Chao y Che Sudaka para LOS PAYAMEDICOS!!!". Manu Chao.net (en inglés). Consultado o 27 de xuño de 2018.
  7. "Payamedicos" (en castelán). Consultado o 27 de xuño de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]