Charles Macintosh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCharles Macintosh

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de decembro de 1766 Editar o valor em Wikidata
Glasgow Editar o valor em Wikidata
Morte25 de xullo de 1843 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Glasgow Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda (1801–)
Reino de Gran Bretaña (–1800) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónquímico , inventor , enxeñeiro Editar o valor em Wikidata
Membro de
Familia
FillosMary Scott Macintosh (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: MacIntosh-377

Charles Macintosh, nado en Glasgow o 29 de decembro de 1766 e finado o 25 de xullo de 1843, foi un químico escocés e inventor da peza de vestir resistente á auga (waterproof, impermeable). O abrigo impermeable Mackintosh nomeouse así na súa honra (é de resaltar que a peza ten a letra k).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Charles Macintosh naceu en Glasgow, onde os seus primeiros traballos foron de empregado nunha oficina de atención ao público. Durante a súa mocidade reservou sempre algún tempo ao estudo da ciencia, particularmente da química. Cando tiña vinte anos, non resignado co seu estado como empregado, dedicouse á manufactura de produtos químicos, algúns deles inventados por el. Neste campo pronto tivo bastante éxito, chegando a inventar varios procesos de química. Os seus experimentos con alcatrán, nafta, permitiron a invención das pezas téxtiles resistente á auga (waterproof), a esencia da súa patente (Pat. No. 4,804) foi que se fundamentaba en uso de dúas capas delgadas de goma da India postas na superficie das teas. Debido aos seus numerosos descubrimentos na área da química, foi en 1823 nomeado 'fellow' da Royal Society.

Charles Macintosh patentou a súa invención para a roupa impermeábel no ano 1823 e a primeira peza impermeábel de vestir que denominou Mackintosh converteuse en parte do que sería no futuro a súa fabrica téxtil familiar denominada Charles Macintosh and Co. of Glasgow. No ano 1830 a compañía de Macintosh fundiuse con outra do mesmo sector téxtil en propiedade do científico Thomas Hancock, en Manchester. Ambos coñecéronse debido a que Hancock tamén experimentara co caucho nos téxtiles dedicados a pezas de vestir desde o ano 1819, data na que creou a fábrica que se uniría á de Macintosh. O Mackintosh empregouse posteriormente na expedición ártica de Sir John Franklin (1924) e polo exército británico.

Macintosh intentou outras factorías, por exemplo a que abriu no ano 1809 dedicada á fabricación de fermento, que non tivo éxito debido á oposición global dos elaboradores de cervexa de Londres.

Referencias culturais[editar | editar a fonte]

Na popular canción dos Beatles titulada Penny Lane existe unha referencia (quizais errónea) ao impermeable deseñado por Charles Macintosh, a letra da canción é a que segue: "and the banker never wears a Mack, in the pouring rain...very strange."

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]