Fundouse en 1917 e o seu nome provén do tupíXapeco que significa "lugar desde onde se ve o camiño da plantación". Ao principio o poboado era un distrito agrícola, pero co pasar dos anos afirmouse como un polo económico nacional baseado na cría de porcos e a avicultura. As principais etnias presentes en Chapecó son a alemá, italiana e polaca.
O turismo está basicamente dirixido ás feiras agrícolas e agroindustriais. A principal realízase cada dous anos, a EFAPI (Exposición-Feira Agropecuaria e Industrial), no parque de exposicións Tancredo Neves, que conta cunha estrutura de catro pavillóns de exposición xeral, comercial e outras áreas para a exposición gandeira e agrícola, como un lago, unha instalación para diversións e rodeo, ademais dun escenario para a presentación de espectáculos, onde poden entrar ata 80 mil persoas.
A economía de Chapecó está enfocada na agroindustria e prestación de servizos, tendo grandes empresas como Aurora e Sadia. Dentro do mundo deportivo, destaca o Chapecoense, o cal milita no Campionato Brasileiro Série A.