Chaetophractus vellerosus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Chaetophractus vellerosus
Armadillo peludo gritador
Chaetophractus vellerosus3.jpg
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Placentalia
Orde: Cingulata
Familia: Dasypodidae
Subfamilia: Euphractinae
Xénero: Chaetophractus
Especie: C. vellerosus
Nome binomial
Chaetophractus vellerosus
(Gray, 1865)
Distribución de Chaetophractus vellerosus.

Distribución de Chaetophractus vellerosus.

Chaetophractus vellerosus é unha especie de mamífero placentario da orde dos cingulados, familia dos dasipódidos (a única da orde), e subfamilia dos eufractinos, unha das tres que integran o xénero Chaetophractus.[2]

É un armadillo suramericano que habita en Bolivia, Paraguai e Arxentina.[1]

Características[editar | editar a fonte]

Chaetophractus vellerosus é un animal duns 25 cm de lonxitude, robusto, de forma aplanada, co corpo cuberto dunha vintena de bandas dunha cor gris escura. A parte superior da cabeza, a parte exterior das patas e a cola tamén están cubertos coa coiraza. As placas que conforman a armadura son mouras, ásperas ao tacto e visualmente similares ás escamas dos crocodilos.

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

Esta especie adáptase ben a case todos os tipos de ambientes, sempre que non sexan demasiado húmidos. Polo tanto pódese encontrar en bosques secos tropicais e subtropicais, en pradeiras con ou sen arbustos, en áreas de deserto, e en campos cultivados.

Chaetophractus vellerosus encóntrase xeralmente na rexión do Chaco de Bolivia, en Paraguai e na Arxentina.[3][4] Unha poboación disxunta sitúase na parte oriental da provincia de Buenos Aires.[5][6][7][8][9]

Pódese encontrar en altitudes desde o nivel do mar até os 1 000 msnm. Os rexistros da especie efectuados en Chile probabelmente sexan de Chaetophractus nationi.[1]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1865 polo naturalista inglés John Edward Gray en Proc. Zool. Soc. Lond., 1865: 376,[10] a partir dun exemplar do Museo Británico recolectado en Santa Cruz de la Sierra (leste de Bolivia) e que Gray denominou Dasypus vellerosus.[11]

Sinonimia[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome que lle adxudicou Gray, e do actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos seguintes sinónimos:[10]

  • Chaetophractus vallerosus Thomas, 1923
  • Chaetophractus villerosus Grandidier & Neveu-Lemaire, 1908
  • Chaetophractus brevirostris Fitzinger, 1860

Subespecies[editar | editar a fonte]

Na actualidade recoñécense estas dúas subespecies:[10][12]

Aínda que, segundo a UICN, é necesaria a súa confirmación taxonómica.[1]

Estado de conservación[editar | editar a fonte]

Desde o ano 2006, a UICN vén cualificando o status da especie como LC (pouco preocupante), debido a que, aínda que é susceptíbel de sufrir a caza nalgunhas partes da súa área de dispersión, a especie está moi estendida, e considérase que as taxas de extracción teñen un nivel que lle garantiza no ter que ser incluída nunha categoría ameazada. Porén, a poboación disxunta na provincia de Buenos Aires está suxeita a modificacións no seu hábitat.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Abba, A. M.; Cuéllar, E. & Superina, M. (2014): Chaetophractus vellerosus na Lista vermella da UICN.
  2. Chaetophractus en MSW.
  3. Gardner, A. L. (2005): "Order Cingulata". En: D. E. Wilson & D. M. Reeder (eds.), Mammal Species of the World: A taxonomic and geographic reference. 3ª edición, pp. 94-99.
  4. Abba, A. M.; Tognelli, M. F.; Seitz, V. P.; Bender, J. B. & Vizcaíno, S. F. (2012): "Distribution of extant xenarthrans (Mammalia: Xenarthra) in Argentina using species distribution models". Mammalia 76: 123-136.
  5. Crespo, J. A. (1974): "Comentarios sobre nuevas localidades para mamíferos de Argentina y Bolivia". Revista del Museo Argentino Ciencias Naturales "Bernardino Rivadavia" 11: 1-31.
  6. Carlini, A. A. & Vizcaíno, S. F. (1987): "A new record of the armadillo Chaetophractus vellerosus in the Buenos Aires Province of Argentine: possible causes for the disjunct distribution". Studies on Neotropical Fauna and Environment 22: 53-56.
  7. Abba, A. M., Cassini, M. H. & Vizcaíno, S. F. (2007): "Effects of land use on the distribution of three species of armadillos (Mammalia, Dasypodidae) in the pampas, Argentina". Journal of Mammalogy 88 (2): 502-507.
  8. Abba, A. M. & Cassini, M. H. (2008): "Ecology and conservation of three species of armadillos in the Pampas region, Argentina". En: S. F. Vizcaíno & J. W. Loughry (eds.) Biology of the Xenarthra, pp. 300-305. University Press of Florida.
  9. Abba, A. M.; Cassini, G. H.; Cassini, M. H. & Vizcaíno, S. F. (2011): "Historia natural del piche llorón Chaetophractus vellerosus (Mammalia: Xenarthra: Dasypodidae)". Revista Chilena de Historia Natural 84: 51-64.
  10. 10,0 10,1 10,2 Chaetophractus vellerosus en MSW,
  11. Gray, J. E. (1865): "Revision of the Genera and Species of Entomophagous Edentata founded on the examination of the specimens in the British Museum". Proceedings of the Zoological Society of London, páxina 376.
  12. Chaetophractus vellerosus (Gray, 1865) en Catalogue of Life: 23rd December 2015. Species 2000. ITIS.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. New York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
  • Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
  • VV. AA. (1968): "Dasipódios" en Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 86–88.
  • Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]