Saltar ao contido

Cervo sika

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cervo sika

Macho adulto

Exemplar de femia
Exemplar de femia

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Familia: Cervidae
Subfamilia: Cervinae
Xénero: Cervus
Especie: C. nippon
Nome binomial
Cervus nippon
Temminck, 1838

O cervo sika[2] (Cervus nippon) é un mamífero pertencente á familia dos cérvidos.

Características

[editar | editar a fonte]

É un cervo máis pequeno có cervo común. A súa lonxitude máxima está no metro e medio, namentres que o seu peso oscila entre os 60 e os 130 kg. O pelame é pardo avermellado con pintas brancas no verán. No inverno é máis agrisado. Os seus cornos son máis pequenos e con menos ramificacións cos do cervo común.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Presente na China, no Xapón e por toda Oceanía. Moi presente no oeste de Europa, cruzándose con frecuencia co cervo común, dando lugar a individuos mestizos ou híbridos.

  1. Harris, R.B. (2008). "Cervus nippon". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 5 de abril de 2009. 
  2. "cervo -va". DIGALEGO. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2016. Consultado o 13 de xullo de 2016. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.