Cerinthe major

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Cerinthe major é unha planta da familia das Boraginaceae.

Planta en flor
Detalle da flor

Descrición[editar | editar a fonte]

Planta anual, glabra, de 15-80 cm de altura. Talo erecto, ramificado. Follas verde-azuladas con manchas brancas, con pequenas protuberancias, ciliadas, as inferiores cortamente pecioladas, espatuladas, as superiores sésiles, ovaladas, acorazonadas pola base, de 3-6 cm de longo e até 1,5 cm de ancho. Flores inclinadas, en acios terminais. Esporófilos ovais, con frecuencia de ton violeta, tan longos ou máis que o cáliz. 5 sépalos de lonxitude desigual. Corola amarela, de ton violeta amarronado pola base, na garganta cun anel marrón avermellado, tubular, de 1,5-2 (3) cm de longo e até 8 mm de ancho, máis do dobre de longo que o cáliz. Marxe moi curta, por arriba escotado ou pouco dentado, moi revolto, núcula negruzca, glabra.[1]

Hábitat[editar | editar a fonte]

Terreos de cultivos e baldíos. Marxes dos camiños.

Distribución[editar | editar a fonte]

No Mediterráneo e Portugal.

Propiedades[editar | editar a fonte]

Indicacións: é utilizado como diurético, antiescorbútico. Usado en ictericia.[2]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Cerinthe minor foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 1: 136. 1753.[3]

Citoloxía

Número de cromosomas de Cerinthe major (Fam. Boraginaceae) e taxóns infraespecíficos: 2n=16[4]

Sinonimia
  • Cerinthe aspera Roth
  • Cerinthe gymnandra Gasp.
  • Cerinthe longiflora Viv.
  • Cerinthe oranensis Batt.[5]
  • Ceranthe acuta (Moench) Opiz
  • Cerinthe acuta Moench
  • Cerinthe alpina Vis.
  • Cerinthe aperta Clairv.
  • Cerinthe glabra subsp. longiflora (Viv.) Kerguélen
  • Cerinthe glauca Moench
  • Cerinthe major subsp. elegans (Fiori) Giardina & Raimondo
  • Cerinthe major var. elegans Fiori
  • Cerinthe strigosa Rchb.
  • Cerinthe versicolor Hallier ex Steud.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bayer, E.; Buttler K.P.; Finkenzeller X.; Grau J. (1989). Plantas del Mediterráneo. Barcelona:Blume. ISBN 84-7031-629-X. 
  2. "Cerinthe major". Plantas útiles: Linneo. Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2010. Consultado o 30 de novembro de 2009. 
  3. "Cerinthe major". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 23 de decembro de 2012. 
  4. Chromosome numbers of some flowering plants of Spain and France. Gadella, Th., E. Kliphuis & E. A. Mennega (1966) Acta Bot. Neerl. 15(2): 484-489
  5. "Cerinthe major". Real Jardín Botánico: Proyecto Anthos. Consultado o 23 de decembro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]