Saltar ao contido

Centro histórico de Cienfuegos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Centro histórico de Cienfuegos
Imaxe
 Instancia de
Características
 Situación patrimonial
Patrimonio da Humanidade
Período: 2005 - Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Cifras e dimensións
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0n4b4kt Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O Centro Histórico de Cienfuegos, está situado na cidade de Cienfuegos en Cuba. Foi declarada Patrimonio da Humanidade da UNESCO en 2005, debido á súa destacada arquitectura neoclásica e á súa condición de mellor exemplo de urbanismo español de principios do século XIX. O centro histórico contén seis edificios de 1819 a 1850, 327 edificios de 1851 a 1900 e 1188 edificios do século XX.

Plano da cidade de Cienfuegos (1899)

Visitada por Colón en 1494, a zona foi colonizada por primeira vez por piratas e saqueadores a partir do 1600. Os primeiros colonos, a miúdo referidos como "bucaneiros", criaban gando e facían charqui para abastecer aos corsarios e outros que buscaron refuxio na baía. En 1740 tamén cultivaban tabaco.[Cómpre referencia]

En 1742 o rei Filipe V de España construíu o Forte Jagua para suprimir o uso dos piratas da Baía de Cienfuegos. A cidade fundouse formalmente o 22 de abril de 1819 por colonos franceses e españois baixo o mando de don Luis De Clouet y Favrot. As rúas foron distribuídas esencialmente norte-sur, leste-oeste, formando bloques cadrados. Hoxe, o centro da cidade aínda conserva arquitectura ecléctica dos séculos XIX e principios do XX, en gran parte con decoración de neoclásica.[Cómpre referencia]

Fitos do Centro Histórico

[editar | editar a fonte]

Modelo:Prosa

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]