Praia de Borizu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Praia de Borizu
Praia de Borizu
Coordenadas: 43°26′04″N 4°48′36″O / 43.434379, -4.81
Posto de primeiros auxilios Paraxe natural
Características xerais
LocalizaciónLlanes, Asturias
Lonxitude400 m
Largo medio67 m (con moita variación)
Grao de ocupaciónAlto
Grao de urbanizaciónSemiurbana
Características específicas
Tipo de areaBranca e fina
Condicións do baño
Aspectos medioambientais
Presenza de vexetaciónSi
Zona protexidaSi
Seguridade
Sinalización do perigoSi
Equipo de salvamentoSi
Accesibilidade
Tipo de accesoPeonil/coche
Sinalización do acceso

A praia de Borizu[1] é unha praia que se atopa entre as localidades Barru e Celoriu, dentro do concello de Llanes. Fronte á praia hai unha pequena illa chamada Amielles ou Borizu, que na súa zona oeste é coñecida como Les Cabreres.

Borizu ten forma de cuncha, presentando unha lonxitude de 400 metros, cunha anchura variábel pero que pode considerarse duns 65 metros de media. Enmárcase nas praias da Costa Verde e está considerada paisaxe protexida desde o punto de vista medioambiental (pola súa vexetación). Por este motivo está integrada na Paisaxe Protexida da Costa Oriental de Asturias.[2]

Descrición[editar | editar a fonte]

Trátase dunha praia semiurbana que conta cunha alta afluencia de público. Presenta moi fácil acceso a pé, mesmo para persoas con diversidade funcional, así como tamén para vehículos, contando cun aparcadoiro de arredor de 100 prazas. Durante a marea baixa únese coa illa de Borizu cunha franxa de area. Presenta diversos equipamentos e servizos, como duchas, teléfono, cubos do lixo e servizo de limpeza.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Determinación dos topónimos oficiais do concello de Llanes" (PDF). sede.asturias.es. Consultado o 17 de novembro de 2020. 
  2. "Guía de playas". magrama.gob.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2016. Consultado o 18 de novembro de 2020. 
  3. "Playa de Borizu". asturnatura.com. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2017. Consultado o 18 de novembro de 2020.